Domingo 3 de Advento - ciclo C
PRIMEIRA Sof 3, 14-18a
O Señor alegrouse por ti na louvanza
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE SOFONÍAS
14Exulta, filla de Sión; berra lediciosa, Israel,
alégrate e relouca con todo o corazón, filla de Xerusalén.
15O Señor retirou o teu castigo, botou para atrás os teus
inimigos.
O Señor será o rei de Israel no medio de ti, non volverás a
ter medo da desgracia.
16No día aquel diráselle a Xerusalén:
Non teñas medo, Sión, que as túas mans non afrouxen.
17O Señor, o teu Deus, está no medio de ti, é un heroe que
salva.
El salta de alegría por ti, embrúxate co seu amor,
dá brincos de alegría por ti.
18Eu aparteite da asemblea festiva; retirei de ti o seu ¡Ai!
SAL. RESP. Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6
R/ (6): Exulta e canta louvanzas
porque no medio de ti está magnífico o santo de Israel
2Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non
medo.
El é a miña forza, por isto louvareino.
Si, o Señor é a miña salvación".
3Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.
Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos,
facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome.
5Cantádelle ó Señor.
De verdade fixo cousas magníficas,
que serán coñecidas en toda a terra.
6Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión:
Que grande é no medio de ti o Santo de Israel".
SEGUNDA Flp 4, 4-7
O Señor está cerca
PROCLAMACIÓN DA
PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES
Irmáns e irmás:
4Estade sempre alegres no Señor. Repítovolo: estade alegres.
5Que todo o mundo vexa
o bos que sodes. O Señor está a chegar. 6Non desacouguedes
por cousa ningunha. En
todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de
súplica e acción de gracias.
7E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará
os vosos corazóns e os vosos
pensamentos en Cristo Xesús.
ALELUIA Coma no n. 7
EVANXEO Lc 3, 10-18
E nós que faremos?
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
10A xente preguntáballe a Xesús:
-E logo, que temos que facer?
11El respondíalles:
-O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña
ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.
12Foron tamén uns recadadores a se bautizar, e
preguntáronlle:
-Mestre, que temos que facer?
13El contestoulles:
-Non esixades nada máis do que vos está mandado.
14Tamén uns soldados lle preguntaron:
-E nós, que temos que facer?
El contestoulles:
-Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos
coas vosas pagas.
15Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a
pensar se acaso non o sería Xoán; 16pero el declarou diante de todos:
-Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis
forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desata-los amallós do seu calzado. El havos
bautizar con Espírito Santo e con lume. 17Porque trae a forcada na man, para limpa-la
súa eira e recoller na hucha o seu trigo; pero a palla ha de a queimar no lume que nunca
apaga.
18Con esta e outras moitas exhortacións anunciáballe a Boa
Nova á xente.
Comentarios
Publicar un comentario