DOMINGO 1 ADVENTO - CICLO C
PRIMEIRA Xer 33, 14-16:
Farei xerminar na casa de David un xermolo de xustiza
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS
14Velaquí os días -é o Señor quen fala-
nos que cumprirei a promesa
que lles fixen á casa de Israel e á casa de Xudá.
15Nos días aqueles e no intre aquel
farei abrollar de David un retoño lexítimo,
que practicará o dereito e a xustiza no país.
16Nos días aqueles
salvarase Xudá,
e Xerusalén descansará na seguridade,
e este lugar chamarase: "¡Iavé, nosa xustiza!".
SAL. RESP. Sal 24,
4bc-5ab. 8-9. 10 e 14
R/ (1b): A Ti, Señor, levantei o meu espírito
4Móstrame, Señor, os teus camiños,
ensíname os teus sendeiros,
5diríxeme na túa verdade, apréndeme,
pois ti es, Deus, o meu salvador
8O Señor é bo e recto:
por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados,
9dirixe ós xustos no xuízo
e móstralles ós humildes o vieiro.
10Os camiños do Señor son todos amor e lealdade,
para os que gardan a súa alianza e as súas instruccións.
14O segredo do Señor é para os que o temen,
e instrúeos coa súa alianza.
SEGUNDA 1 Tes 3, 12 - 4, 2:
Que o Señor afinque os vosos corazóns cando veña o Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES
Irmáns e irmás:
Que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con
todos, ata rebordar, como
nos pasa a nós respecto de vós. 13Que El afinque os vosos
corazóns nunha santidade sen
falla diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor
Xesús con tódolos seus santos.
Instruccións e avisos
4 1Polo demais, irmáns, pedímosvos con insistencia como
cristiáns que, xa que
aprendestes de nós como cómpre andar para contentar ó Señor,
que sigades así e que
progresedes aínda máis.
2Porque ben sabedes que instruccións vos temos dado de parte
do Señor Xesús.
ALELUIA Coma no núm. 1
EVANXEO Lc 21, 25-28. 34-36:
Acércase xa a vosa salvación
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Dilles Xesús ós seus discípulos:
25Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as
nacións tremerán coa angustia
ante o bruar do mar e das ondas; 26os homes morrerán cheos
de medo e de desacougo,
polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros
abalarán. 27Entón verán o Fillo do
Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.
28Pero cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e
erguede ben a cabeza,
porque chega o día da vosa liberación.
34Tende conta de vós mesmos; non sexa que vos atordoedes na
borracheira, na
libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia
sobre vós aquel día; 35porque
caerá como un lazo sobre tódolos que habitan a terra. 36Vós
vixiade sempre, e pregade
para que poidades escapar de todo o que está por vir, e
comparecer así seguros diante do
Fillo do Home.
Comentarios
Publicar un comentario