Domingo 26 de Ordinario B
Primeira
Lectura Núm 11, 25-29
"Tes
celos por min? Quen dera que todo o pobo do Señor fosen profetas!
LECTURA DO LIBRO DOS NÚMEROS
Naqueles días, 25descendeu o Señor
nunha nube e faloulle a Moisés; despois tomou do espírito que había nel e
infundíullelo ós setenta anciáns. En canto o espírito repousou sobre eles,
puxéronse a profetizar; pero nunca máis o volveron facer. 26Quedaran no
campamento dous homes, un deles chamado Eldad e o outro Medad. O espírito
repousou tamén sobre eles, pois figuraban entre os inscritos, aínda que non
saíran para a Tenda, e profetizaron no campamento. 27Un rapaz correu a
comunicarllo a Moisés, dicindo: ‑¡Eldad e Medad profetizan no campamento!
28Entón Xosué, fillo de Nun, ministro de Moisés, escolleito por el, díxolle:
‑"¡Meu Señor,
Moisés, prohíbellelo!"
29Mais Moisés
respondeulle:
‑"¿Tes celos por
min? ¡Quen dera que todo o pobo do Señor fosen profetas, e que o Señor lles
dese o seu espírito!"
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 18, 8. 10. 12-13. 14
R/. (9a): Os mandatos do Señor son rectos: aledan o corazón.
8A lei do Señor é
perfecta:
reconforta a alma;
a declaración do Señor
é firme:
fai sabio ó inxenuo;
10 O temor do Señor é
puro:
permanece por sempre;
as decisións do Señor
son verdadeiras:
enteiramente xustas.
12Aínda que o teu servo
os quere cumprir
e pon coidado en
gardalos,
13¿quen se decata dos
erros?
Límpame ti de canto se
me esquece.
14Preserva ó teu servo
da soberbia,
para que non me domine.
Entón serei perfecto,
limpo de pecados
graves.
Segunda
Lectura Sant 5, 1-6
As
vosas riquezas podreceron
LECTURA DÁ CARTA DO APÓSTOLO SANTIAGO
1E vós, os ricos, chorade e berrade
polas desgrazas que van vir enriba de vós. 2A vosa riqueza está podrecida; a
vosa roupa chea de couza; 3o voso ouro e a vosa prata, enferruxados; e a mesma
ferruxe será testemuño en contra vosa e, coma se for lume, comerá as vosas
carnes. Estades atesourando na fin dos tempos! 4Atención! O xornal que non lles
pagastes ós obreiros que vos fixeron a seitura está clamando e o seu berro
chega ós oídos do Señor dos Exércitos. 5Vivistes na terra cheos de fartura e
cebastes os vosos corazóns nos praceres para o día da matanza. 6Condenastes o
xusto e matástelo sen que el vos fixese fronte.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Xn 17, 17b. a
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
A túa palabra, Señor, é verdade;
santifícanos na verdade.
Aleluia.
Evanxeo Mc 9, 38-43. 45. 47-48
Quen
non está contra nós, está connosco. Se a túa man te fai caer, córtaa
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo, 38díxolle Xoán:
‑Pois vimos un que
botaba demos no teu nome e quixémosllo privar porque non é dos nosos.
39Xesús contestoulle:
‑Pois non llo privedes,
porque ninguén que faga milagres no meu nome fala despois mal de min. 40O que
non está contra nós, está connosco. 41Ademais, todo aquel que vos dea un vaso
de auga por serdes seguidores de Cristo, tende por seguro que non quedará sen
recompensa.
42E a quen escandalizar
un destes pequeniños que cren en min, éralle mellor que lle colgasen do pescozo
unha pedra de muíño, e o largasen ó mar. 43E se a túa man te fai caer, córtaa:
máis che vale entrar toco na vida que ir parar coas dúas mans ó inferno, no
lume que nunca se apaga. 45E se o teu pé te fai caer, córtao: mellor será que
entres coxo na vida, que ir dar cos dous pés no inferno. 47E se o teu ollo te
fai caer, arríncao: máis che vale entrar cego no Reino de Deus e non que te
boten cos dous ollos no inferno, 48onde o verme non morre nin o lume se apaga.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Comentarios
Publicar un comentario