Domingo 24 de Ordinario B
PRIMEIRA Is 50, 5-9
Ofrecínlle-lo meu lombo ós que me ferían
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
5O Señor abriu o meu oído,
e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
6Ofrecín o lombo ós que me azoutaban, e a miña cara ós que
me arrincaban a barba.
Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
7Pero o Señor axudarame,
por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma
un diamante,
pois sei que non me avergonzarei.
8O que defende a miña causa está cerca.
¿Quen litigará comigo, cando comparezamos ante a comunidade?
Quen traballa a miña xusta sentencia está detrás de min.
9O Señor axudarame: ¿quen será o que me declare culpable?
SALMO RESPONSORIAL Sal 114, 1-2. 3-4. 5-6. 8-9
R/ (9): Camiñarei á vista do Señor
na terra da vida.
Ou: Aleluia
1Amo ó Señor que
escoita
a miña voz suplicante,
2e pon cara a min o seu oído
no día en que o chamo.
3Cando me envolven
lazos de morte
e as redes do abismo me atrapan;
cando me atopo en apreto e aflicción,
4invoco o nome do Señor:
¡Ai, Señor, sálvame a vida!
5O Señor é xusto e clemente,
o noso Deus é compasivo.
6O Señor garda os humildes:
na miña febleza hame socorrer.
8Ti libras da morte a
miña vida,
os meus ollos das bágoas,
os meus pés da caída.
9Camiñarei á vista do Señor
na terra da vida.
SEGUNDA Sant 2, 14-18
Se a fe non fructifica en obras, está morta
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SANTIAGO
APÓSTOLO
14Irmáns benqueridos, ¿que proveito lle trae a un dicir que
ten fe, se non ten feitos?
¿Acaso o poderá salvar esa fe? 15Se un irmán ou unha irmá
andan espidos e necesitados
do pan de cada día, 16e vai un de vós e dilles: "ídevos
en paz, quentádevos e fartádevos",
pero non lles dá aquilo que lle cómpre ó seu corpo, ¿que
proveito levan? 17Pois o
mesmiño pasa coa fe: se non ten feitos, leva a morte no seu
cerne.
18Pode dicir alguén: "ti te-la fe, eu teño os
feitos". -Móstrame a túa fe sen feitos que eu
polos feitos heiche de mostra-la miña fe.
ALELUIA Gal 6, 14:
Lonxe de min gloriarme senón é na cruz do Señor,
por quen o mundo está crucificado para min e eu para o mundo
EVANXEO Mc 8, 27-35
Ti e-lo Cristo...É preciso que o Fillo do home padeza moito
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
27Ia Xesús cos seus
discípulos cara ás aldeas de Cesarea de Filipo, e polo camiño
preguntoulles:
-¿Quen di a xente que son eu?
28Eles responderon:
-Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; e outros, que
algún dos profetas.
29El preguntoulles a eles:
-¿E vós, quen dicides que son?
Respondeu Simón Pedro:
-Ti e-lo Mesías.
30E prohibiulles diciren nada a ninguén.
31Entón, con toda claridade, empezou a adoutrinalos acerca
de que era preciso que o Fillo
do Home padecese moito, e que o rexeitasen os anciáns, os
Sumos Sacerdotes e mailos
letrados; que o ían matar, e que ós tres días había
resucitar.
32Explicoulles isto con toda claridade. Entón Pedro,
colléndoo á parte, empezou a rifarlle.
33Pero Xesús volvéndose cara ós discípulos, reprendeuno:
-¡Arreda de min, Satanás, que ti non te me deixas guiar por
Deus, senón polos homes!
34E chamando á xente onda os seus discípulos, díxolles a
todos:
-Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, cargue
coa súa cruz, e que me siga.
35Pois o que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero
quen perda a súa vida pola
miña causa e pola do Evanxeo, ese poñeraa a salvo.
Comentarios
Publicar un comentario