XI Domingo do Tpo.Ordinario - ciclo A

 

PRIMEIRA Ex 19, 2-6a

Seredes para min reino de sacerdotes e pobo santo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO


 En chegando os fillos de Israel ó deserto do Sinaí, acamparon alí, ó pé do monte. 3Moisés

subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós

descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas: 4-"Vistes como tratei ós exipcios,

como vos levantei a vós sobre ás de aguia e vos acheguei a min. 5Se agora me obedecedes

e gardáde-la miña alianza, seréde-la miña propiedade escolleita entre tódolos pobos, pois a

terra é toda miña. 6Vós seredes para min un reino de sacerdotes, un pobo consagrado".



 


SALMO RESPONSORIAL Sal 99, 2. 3. 5

R/ (3c): Sómo-lo seu pobo, o seu rabaño


2servide o Señor con alegría,

achegádevos con cántigas á súa presencia.


3Sabede que o Señor é Deus,

que El nos fixo e que del somos,

o seu pobo, o seu rabaño.


 5Porque o Señor é bo.

O seu amor dura por sempre;

por xeracións a súa fidelidade.


 


SEGUNDA Rm 5, 6-11

Se fomos reconciliados pola morte do Fillo, moito máis seremos salvados pola sús vida

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS


 Irmáns e irmás:


6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu

polos impíos. 7Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home xusto

(anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus demostróuno-lo seu

amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós. 9Con máis razón

logo, agora que xa estamos xustificados polo seu sangue, seremos por El salvos da ira.

10Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos reconciliados con Deus mediante a

morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados seremos salvos pola súa vida. 11Aínda

máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen

agora recibímo-la reconciliación.


 



ALELUIA Mc 1, 15:

Acércase o Reino de Deus:

facede penitencia e crede o Evanxeo


 


EVANXEO Mt 9, 36 - 10, 8

Convocados os doce discípulos, mandounos evanxelizar

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO


 36Vendo Xesús a multitude, sentiu unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos

derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor. 37Entón díxolles ós discípulos:

-A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos; 38así que rogádelle ó dono da colleita

que mande xornaleiros á súa ceifa.


10 1E chamando ós doce discípulos, deulles poder para botaren os espíritos malos e

curaren toda enfermidade e doenza. 2Estes son os nomes dos doce apóstolos: o primeiro

Simón, chamado Pedro, e mais Andrés seu irmán, Santiago o do Zebedeo e mais Xoán seu

irmán, 3Felipe e Bartolomeo, Tomé e Mateo, o recadador de impostos, Santiago o de Alfeo

e mais Tadeo, 4Simón o Zelota e Xudas Iscariote, o mesmo que o entregou.


5A estes doce mandounos Xesús con estas instruccións:

-Non vaiades a terra de pagáns nin entredes en vilas de samaritanos; 6ide máis ben ás

ovellas perdidas da casa de Israel. 7E mentres camiñades proclamade que xa chega o Reino

dos Ceos. 8Curade enfermos, resucitade mortos, limpade gafos, botade os demos fóra. E xa

que de balde recibistes, dade de balde tamén.



Comentarios

Publicacións populares