ROSARIO A SAN XOSÉ

 

ROSARIO SAN XOSÉ

TOMADO DE: https://catholic-link.com/rosario-san-jose-guia-visual/

1. Oración Inicial

Rosario de San Xosé: 5/7 misterios

 

Empezamos tomando o rosario xusto onde está a medalla de san Xosé, 

logo de facernos o sinal da cruz, rezamos a seguinte oración:

 «San Xosé, que con amor traballaches a madeira para prover nesta vida, vida pasaxeira, a túa familia o pan de cada día. Oh san Xosé, agora no ceo con Cristo, que estendido no madeiro no que deu vida eterna ao home, ensínanos a recoñecer, na angueira de cada día o camiño cara a Deus».


2. Os misterios (mirando cos ollos de san Xosé)

Ademais de meditar as virtudes de san Xosé, este rosario convídanos a mirar cos seus ollos os distintos eventos que rodearon a vida do noso Salvador. 

Mirar cos ollos dun pai que moitas veces tivo medo, que tivo a preocupación de sacar a súa familia adiante, que sufriu persecucións e que traballou arduamente. E todo isto, sempre da man de Deus cunha forza de home fortalecida pola fe inquebrantable en Deus. 

Aquí atopamos diversas formas na devoción popular para meditar os misterios, ofrecémoslles dous:



Primeira opción

Fai énfase en contemplar os acontecementos da vida de Xesús dos que Xosé foi testemuña directa:

* A anunciación a Xosé (Mateo 1:18-21). Contemplamos o gozo de Xosé ao recibir o encargo de tomar a María, Virxe, como esposa quen levaba no seo a Xesús.

* O nacemento de Xesús (Mateo 2:1-12; Lucas 2:1-20). Contemplamos a Xosé home, co encontro do divino, testemuña dos coros de anxos e da presenza da grandeza de Deus no nacemento de Xesús.

* A circuncisión e a atribución do nome de Xesús (Lucas 2:21, Mateo 1:20-21). Contemplamos a Xosé fiel cumpridor da vontade e da lei de Deus.

A presentación no Templo (Lucas 2:22-38). Contemplamos a Xosé devoto pai que acompaña ao seu fillo no inicio da súa vida relixiosa.

 * A huída en Exipto (Mateo 2:13-15). Contemplamos a Xosé valeroso, xefe de familia que en momento de adversidade non dubida en pór a súa familia a salvo.

* O regreso a Nazaret (Mt 2:23). Contemplamos a Xosé, confiado na palabra do Señor que regresa e dedica a súa vida non só a gañar o sustento para ela senón tamén á educación do noso Señor.

O Neno Xesús perdido e achado no Templo ( Lucas 2:44-46). Contemplamos a Xosé, pai como calquera que sofre coas decisións dos seus fillos pero confía plenamente nos designios do Señor.

 

Cada misterio anúnciase nas contas que separan cada grupo de sete (ou cinco) contas, en cada conta rezaremos unha Ave Xosé :

«Ave Xosé, cheo da graza divina.

Entre os teus brazos descansou O Salvador e ante os teus ollos creceu.

 Bendito es entre todos os homes,

 e bendito é Xesús, o fillo divino da túa Virxinal Esposa.

San Xosé, pai adoptivo de Xesús,

axúdanos nas nosas necesidades familiares, de saúde e de traballo,

ata o fin dos nosos días, e socórrenos na hora da nosa morte. Amén».

 

Outra oración:

 «Salve, Xosé, home xusto, Deus escolleute como esposo de María e Xesús honroute co nome de pai.

Salve, custodio do Redentor e protector da Igrexa universal,

 protexe as nosas familias e asístenos na hora da morte. Amén».


Segunda opción

A segunda fórmula que escollemos, resalta as virtudes deste santo entre os santos:


* Primeira virtude de san Xosé

 «Polo tempo que a María esperaches, dános a virtude para en silencio pacientemente esperar, isto é dános a paz».

 

Un Noso Pai e cinco (ou sete, dependendo do rosario) Ave Xosé:

 " Ave Xosé, esposo de María, cheo de graza! Xesús e a súa Nai están contigo: bendito es ti entre todos os homes e bendito é Xesús, o Fillo de María.

 

- San Xosé roga por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

- Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo.

Como era no principio agora e sempre, por sempre eternamente. Amén.

 

Xaculatoria: Amado san Xosé fai crecer en min a fe, que nela buscarei, a esperanza e caridade.


* Segunda virtude de san Xosé

«Por aceptar en castidade para desposar a María , dános a virtude para vivir en pureza e castidade».

 

Un Noso Pai e cinco (ou sete, dependendo do rosario) Ave Xosé:

 " Ave Xosé, esposo de María, cheo de graza! Xesús e a súa Nai están contigo: bendito es ti entre todos os homes e bendito é Xesús, o Fillo de María.

 

- San Xosé roga por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

- Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo.

Como era no principio agora e sempre, por sempre eternamente. Amén.

 

Xaculatoria: Amado san Xosé fai crecer en min a fe, que nela buscarei, a esperanza e caridade.


* Terceira virtude de san Xosé

«Por aceptar a paternidade de Xesús, dános a virtude para só facer a vontade de Deus».

  

Un Noso Pai e cinco (ou sete, dependendo do rosario) Ave Xosé:

 " Ave Xosé, esposo de María, cheo de graza! Xesús e a súa Nai están contigo: bendito es ti entre todos os homes e bendito é Xesús, o Fillo de María.

 

- San Xosé roga por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

- Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo.

Como era no principio agora e sempre, por sempre eternamente. Amén.

 

Xaculatoria: Amado san Xosé fai crecer en min a fe, que nela buscarei, a esperanza e caridade.


* Cuarta virtude de san Xosé

 «Polo día que todo deixaches para o teu Fillo salvar, dános a virtude para cumprir o que Deus pida e vivir, como ti, en santa obediencia».

 

Un Noso Pai e cinco (ou sete, dependendo do rosario) Ave Xosé:

 " Ave Xosé, esposo de María, cheo de graza! Xesús e a súa Nai están contigo: bendito es ti entre todos os homes e bendito é Xesús, o Fillo de María.

 

- San Xosé roga por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

- Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo.

Como era no principio agora e sempre, por sempre eternamente. Amén.

 

Xaculatoria: Amado san Xosé fai crecer en min a fe, que nela buscarei, a esperanza e caridade.


* Quinta virtude de san Xosé

 «Polo día que a teu Fillo atopaches falando con sabedoría e calaches, dános a virtude de calar e aprender a escoitar o que en nome de Deus fala».

  

Un Noso Pai e cinco (ou sete, dependendo do rosario) Ave Xosé:

 " Ave Xosé, esposo de María, cheo de graza! Xesús e a súa Nai están contigo: bendito es ti entre todos os homes e bendito é Xesús, o Fillo de María.

 

- San Xosé roga por nós, pecadores, agora e na hora da nosa morte. Amén.

- Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo.

Como era no principio agora e sempre, por sempre eternamente. Amén.

 

Xaculatoria: Amado san Xosé fai crecer en min a fe, que nela buscarei, a esperanza e caridade.



3. Oración final

 Logo dos misterios podemos utilizar calquera das seguintes oracións, seguidas das ladaíñas a san Xosé:

 «Acórdate, oh castísimo esposo da Virxe María, san Xosé, o meu amable protector, que xamais se escoitou dicir, que algún daqueles que invocaron a túa protección e imploraran o teu socorro, quedasen sen consolo.

 Cheo de confianza, preséntome diante túa e encoméndome con fervor ao teu patrocinio. Non desatendas as miñas oracións, oh pai adoptivo do Redentor, mais ben escóitaas e acólleas. Amén».

 

Tamén podes facer esta:

 «Oh Deus, que con inefable providencia te dignaches elixir a san Xosé para esposo da túa Santísima Nai; rogámosche concédasnos telo como intercesor no ceo, xa que o veneramos como protector na terra. Ti, que vives e reinas pr sempre eternamente. Amén».

 

«Gloria ao Pai, ao fillo e ao Espírito Santo, como era no principio, agora e sempre, por sempre eternamente. Amén».



4. Ladaíñas a san Xosé

 «Señor, ten misericordia de nós (bis)

 Cristo, ten misericordia de nós. (bis)

 Señor, ten misericordia de nós. (bis)

 Cristo óenos. (bis)

 Cristo escóitanos. (bis)

 

Deus Pai celestial, ten misericordia de nós.

Deus Fillo, Redentor do mundo, ten misericordia de nós.

Deus Espírito Santo, ten misericordia de nós.

Santa Trindade, un só Deus, ten misericordia de nós.

 

Santa María, roga por nós.

San Xosé, roga por nós.

Ilustre descendente de David, roga por nós.   

Luz dos Patriarcas, roga por nós. 

Esposo da Nai de Deus, roga por nós. 

Casto gardián da Virxe, roga por nós. 

Pai nutricio do Fillo de Deus, roga por nós. 

Celoso defensor de Cristo, roga por nós. 

Xefe da Sagrada Familia, roga por nós. 

Xosé, xustísimo, roga por nós. 

Xosé, castísimo, roga por nós. 

Xosé, prudentísimo, roga por nós. 

 Xosé, valentísimo, roga por nós. 

 Xosé, fidelísimo, roga por nós. 

 

Espello de paciencia, roga por nós. 

Amante da pobreza, roga por nós. 

Modelo de traballadores, roga por nós. 

Gloria da vida doméstica, roga por nós. 

Custodio de Virxes, roga por nós. 

Sostén das familias, roga por nós. 

Consolo dos desgraciados, roga por nós. 

Esperanza dos enfermos, roga por nós. 

Patrón dos moribundos, roga por nós. 

Terror dos demos, roga por nós. 

Protector da Santa Igrexa, roga por nós. 


Año de Deus, que quitas o pecado do mundo: perdóanos, Señor.

Año de Deus, que quita os pecado do mundo: escóitanos, Señor,

Año de Deus, que quita o pecados do mundo: ten misericordia de nós».

 

Concluímos o rosario a san Xosé facendo o sinal da cruz. +




Para ter en conta

Non te compliques se non tes ese rosario en especial (de sete ou cinco contas coa medalla de san Xosé), podes utilizar o teu rosario normal e mesmo rezar 10 Ave Xosé en lugar de sete ou cinco.

A idea é que aprendas a rezalo, medites na misión de san Xosé e xuntos vaiamos facendo cada vez máis coñecida a devoción a este querido santo, patrón da Igrexa universal.



 

Comentarios

Publicacións populares