BENDICIÓN DA FOGUEIRA POLO SAN XOÁN

(Inda que este ano vai quedar en "barbacoa")



Unha das moitas celebracións tradicionais que se asocian cos aniversarios de san Xoán é a bendición dunha fogueira durante a noite anterior. Faise para conmemorar as palabras de Zacarías no Benedictus:

"Pola entrañable misericordia do noso Deus,
con que nos visitou desde o alto ao amencer
para dar luz aos que habitan en tebras e en sombra de morte,
para encamiñar os nosos pés por camiño de paz
                                             
                                                                 (Lucas 1:78-79).


San Xoán a miúdo é considerado a luz que brilla sobre as tebras, que sinala cara á verdadeira luz do mundo, Xesucristo. En moitas partes do mundo, é tradición celebrar unha festa ao redor dunha fogueira e que un sacerdote bendiga o lume.

Ás veces, hai persoas que queiman vellos obxectos para simbolizar a transición ou o final da Antiga Lei e deixar paso á Nova Lei en Cristo. Tamén é o momento apropiado para queimar vellos sacramentais que xa non teñan uso (como vellos escapularios), xa que o lume é un dos métodos aprobados para refugar artigos bendicidos.




Aquí hai unha oración para bendicir unha fogueira, que debería dicir un sacerdote, aínda que un segrar podería recitar as palabras en ausencia dun sacerdote para axudar aos presentes a entender a conexión entre a fogueira e san Xoán Bautista:

Oración:

Sacerdote: O auxilio vénnos do Señor.
Todos: Creador do ceo e da terra.

Sacerdote: Que o Señor sexa convosco.
Todos: E contigo tamén.

Oremos.

Señor Deus, Pai todopoderoso, luz que nunca falla e fonte de toda luz, santifica + este lume novo e concédenos que, despois das tebras desta vida, cheguemos limpos a ti, que es luz eterna. 
Por Xesucristo, o noso Señor.

Todos: Amén.


O lume aspérxese con auga bendita; a continuación o clero e o pobo cantan o himno Ut queant laxis.*


S: Houbo un home enviado por Deus.
Todos: O cal se chamaba Xoán.

Oremos. Deus, que con motivo do nacemento do bendito Xoán fixo este día digno de encomio, concede ao teu pobo a graza da ledicia espiritual e mantén os corazóns dos teus fieis no bo camiño que leva á salvación eterna. 
Por Xesucristo, o noso Señor.

Todos: Amén.





* Xusto, o himno que puxo nome ás notas musicais:





...Inda que, no século XVII, o musicólogo italiano Giovanni Battista Doni (o nome vaille que nin pintado) substituíu a nota UT, difícil de pronunciar, por DO, e así se facilitou o solfexo, poñendo ao final a vogal. Que cousiñas aprende unha...




Comentarios

Publicacións populares