ORACIÓN DÍA DA NAI


ORACIÓN DAS NAIS

Neste mes de maio, vimos María diante túa como nais, para pedirche que bendigas aos nosos fillos e a todos os fillos no mundo.

Dámosche as grazas polos nosos fillos e fillas, eles son un agasallo de Deus para nós. Axúdanos, para que sempre lembremos isto, especialmente cando estean en dificultades.

Naiciña nosa, eles viven nun mundo axitado, un mundo que non sempre recoñece a Deus. Axúdaos a ser fortes, a recoñecer que Ti sempre estás connosco, compartindo as nosas alegrías e as nosas tristuras; rindo connosco cando estamos alegres, e chorando connosco na nosa dor.

Rogámosche, María, nos concedas todas as grazas que necesitamos para poder seguir a palabra de Deus e a túa guía nas nosas vidas, así como a túa compaña nas nosas obrigas cara ás nosas familias mantendo un corazón forte e constante ante as dificultades, a rutina e o cansanzo diario. 

Ti es Nai; Ti podes axudarnos a cambiar as cousas. Por iso vimos a ti con fe e amor, sabendo que darás resposta ás nosas oracións. 

María, sabemos como te urxe e te comprace a que viñamos a ti como Naiciña nosa para compartir contigo os nosos problemas, permítenos lembrar sempre o moito que nos amas e amas aos nosos fillos, acompáñanos sempre no camiñar da vida sosténdonos nas dificultades.

Pedímosche a túa intercesión ante o Señor polo teu benquerido fillo, Xesús.

Amén.



Comentarios

Publicacións populares