HABEMUS PAPAM !! 08/05/25
Primeiras palabras:
A paz sexa convosco. Queridísimos irmáns e irmás. Este é o primeiro saúdo de Cristo resucitado que deu a vida. O Bo Pastor que deu a vida polo rabaño de Deus. Eu tamén querería que este saúdo entrase no noso corazón e chegase ás vosas familias, a tódalas persoas, estean onde estean. A tódolos pobos, a toda a Terra. A paz sexa convosco.
Esta é a paz de Cristo resucitado. Unha paz desarmada e unha paz desarmante, humilde e perseverante. Provén de Deus. Deus, que nos ama a todos de maneira incondicional. Aínda que agora, nós aquí seguimos conservando nos nosos ouvidos esa voz débil, pero sempre valente, do Papa Francisco que bendixo a Roma.
O Papa que bendixo a Roma daba a súa bendición ao mundo, ao mundo enteiro. Esa mañá do día de Pascua. Permitídeme seguir esa bendición. Deus ámanos. Deus ámanos a todos. E o mal non prevalecerá. Todos estamos en mans de Deus.
Por tanto, sen medo, man a man, unidos hoxe da man de Deus e entre nós, avancemos cara a adiante. Sexamos discípulos de Cristo. Cristo precédeche. O mundo necesita a súa luz. A humanidade necesita del como a ponte para ser alcanzada por Deus e polo seu amor. Axudádenos tamén a ser bos uns cos outros, a construír pontes co diálogo, co encontro, uníndonos todos para ser un único pobo sempre en paz. Grazas ao Papa Francisco.
Tamén quero dar as grazas a tódolos irmáns cardeais que me elixiron para ser o sucesor de Pedro e camiñar xunto a vós como Igrexa unida, buscando sempre a paz, a xustiza, buscando sempre traballar como homes e mulleres fieis a Xesucristo. Sen medo, para proclamar o Evanxeo, para ser misioneiros.
Son un fillo de San Agustín. Agustiniano. Que dixo? "Convosco son cristián e, por vós, bispo". Neste sentido podemos todos camiñar xuntos cara a esta patria que nos preparou Deus.
Á Igrexa de Roma, un saúdo especial. Debemos comezar xuntos unha igrexa misioneira. Unha igrexa que constrúa pontes de apertura e de diálogo sempre aberta a recibir. Como esta praza, cos brazos abertos a todos. Todos aqueles que necesitan caridade. A nosa presenza, o diálogo e o amor.
E permitídeme, tamén unha palabra, un saúdo a todos aqueles e en modo particular á miña querida Diocese de Chiclayo no Perú, onde un pobo fiel acompañou ao seu bispo, compartiu a súa fe e deu tanto, tanto, para seguir sendo Igrexa fiel de Xesucristo.
A todos vós, irmáns e irmás, de Roma, de Italia, de todo o mundo. Queremos ser unha Igrexa sinodal, unha Igrexa que camiña, unha Igrexa que busca sempre a paz, que busca sempre a caridade, que busca sempre estar próximos, sobre todo a aqueles que sofren.
Robert Francis Prevost Martínez
PAPA LEÓN XIV
Comentarios
Publicar un comentario