ASCENSIÓN DO SEÑOR - CICLO C
+ Enlace orixinal Oracional iVoox
ASCENSIÓN DO SEÑOR
1 xuño 2025-C
A
festa da Ascensión do Señor abrangue mensaxes fondas e sublimes. No Cristo do
que se nos di que “ascende” ó ceo vén construírse a ponte airosa, ben asentada
e segura, entre ceo e terra, entre divindade e humanidade. Con Xesús, irmán
noso e fillo de Deus, a humanidade acada a salvación definitiva. Nela
estamosincluídos nós xunto coas xeracións pasadas, presentes
evindeiras.Naturalmente as palabras “ceo” e “terra” hai que entendelas de
maneira simbólica, non física ou astronómica. Ben sabemos que o ceo de Deus
está en todo lugar e de maneira especial en cada unha das persoas que o queren.
Todos e cada un de nós somos así “templos” de Deus. Dicir, polo tanto, como fai
Lucas, que el ascendeu ós ceos quere dicir que el, trala súa vida, morte e
resurrección, acadou a plenitude da súa unión con Deus Pai. Cómpre non entender
literalmente o relato de Lucas coma se o ceo fose un lugar que estivese algo ou
moito máis arriba das nubes que nos traen a chuvia. É só unha maneira de expresar
o grandioso destino de Xesús e de todos nós.
Ascensión
do Señor significaque, dado que Xesús é o Fillo de Deus encarnado ou
humanizado, terra e humanidade estarán sempre presentes ante o mesmo Deus por
toda unha eternidade. Pois Xesús, o Fillo de Deus, é e será tamén para sempre
un de nós, o “Emmanuel”, é dicir, o “Deus connosco”. Por iso, en certo modo,
poderiamos tamén chamármonos a nós mesmos “nós con Deus”, igual que Xesús é
“Deus connosco”. Así comonel humanidade e divindade están e estarán sempre estreitamente unidas, tamén
nós por medio da humanidade e divindade de Xesús estaremos sempre con Deus.A Ascensión amósanos así cal é tamén o noso “camiño”, un
camiño “ascendente”. Xesús dixera de si mesmo que el non só é a Verdade
e a Vida, senón tamén o “Camiño”. Un camiño que todos estamos chamados a
percorrer. Nunha peregrinaxe na que non nos fallarán as forzas do seu Espírito:
“Heivos mandar o don prometido por meu Pai”.É unha peregrinaxe, unha
“ascensión”, ademais, que non realizamos en solitario. Os que cremos en Cristo
non cremos nel de maneira individual, desligados dos demais. Xuntos formamos un
pobo ou, tal como di Paulo, un corpo con diversos membros. El vai sempre diante
nosa dirixíndonos, animándonos e dándonos forzas. Na carta ós Efesios fálanos
efectivamente hoxe Paulo de que Cristo resucitado e ascendido ós ceos é a
“cabeza” da Igrexa. Deus Pai −dinos el− é quen o someteu todo a el e quen “o
puxo por riba de todo como cabeza da Igrexa, que é o seu corpo”. E nós somos
membros deste corpo misterioso que nel ten a “cabeza” que o dirixe e estimula. Coidael
así de tódolos membros do seu corpo místico.Unha cabeza sen o seu corpo sería
unha cabeza inerte, sen vida. E o corpo, separado dela, sería tamén un corpo a
punto de se corromper e desaparecer. Por iso a plenitude de Xesús como cabeza
do seu corpo só pode ser tal se como cabeza ten un corpo unido a ela. Ascensión
significa, polo tanto, que, se el como cabeza do seu corpo místico xa ascendeu,
esa ascensión non será plena ou perfecta mentres non realicemos tamén nósa
mesma “ascensión”. Somos así chamados e convidados a realizarmos un esforzo
común, ben unidos á nosa cabeza, cara a unha meta grandiosa e fermosa, que
ninguén no fondo pode deixar de apetecer. Porquequen non quere vivir sempre?Quen
non busca a verdade total?. Quen non quere acertar co camiño que o leve a unha
meta de felicidade sen termo?
Tales
desexos son, por outra banda, comúns a todos. Por iso, así como a cabeza ten
que estar unida ó resto do corpo para que haxa vida e se poida falar dun corpo
ou dunha persoa viva, así é tamén o corpo un conxunto unido de membros e de
órganos diversos. Cada unha das partes do corpo depende das outras. Do mesmo
xeito formamos tamén entre todos ese fermoso corpo, o corpo místico de Cristo,
cabeza nosa, que nos salva e dá vida.
Ascensión
do Señor quere dicir tamén, xa que logo, que só podemos “ascender” se nos
mantemos unidos non só coa nosa cabeza senón tamén con tódolos membros deste
misterioso corpo de Cristo. E a seren membros do corpo místico de Cristo estamos
chamados todos, de calquera cultura, relixión, lingua ou clase social que sexamos.Coa
Ascensión de Xesús, que vén sendo o cumio da súa Resurrección, estamos pois
chamados a agradecer a grandeza de Deus Pai e dos seus proxectos sobre nós.
Paulo
fálanos na súa carta de que deberiamos abrir os ollos para intentarmos
comprender “o vigor da potencia e da forza” de Deus Pai en relación
connosco.¿Como se nos amosa tal “vigor”? Explícanolo el dicindo que Deus Pai
exerceu o seu vigor e a súa forza “resucitando Cristo de entre os mortos e
sentándoo á súa dereita nos ceos, por riba de todo principado e potestade, de
toda virtude e dominacióne por riba de todo título de honra recoñecido neste
mundo e tamén no vindeiro”.De modo que, se toda Eucaristía é agradecemento,
hoxe debería selo de maneira especial por el ternos concedido na Ascensión do
seu Fillo o gratuíto don da nosa propia futura ascensión onda El polos méritos
do seu fillo, Xesús Cristo, que se fixo irmán noso.
VER TAMÉN:
https://www.gruposdejesus.com/ascension-do-senor-c-lucas-2446-53-3/
Comentarios
Publicar un comentario