DOMINGO XVII ORDINARIO - CICLO A
PRIMEIRA 1 Re 3, 5. 7-12
Pediches sabedoría para ti
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS
5En Gabaón aparecéuselle Deus, no soño da noite, a Salomón e díxolle: -"Pídeme o que
queiras".
7E dixo Salomón:
Señor, meu Deus, que fixeches que o teu servo reinase despois de meu pai David, sendo eu
un rapaz pequeno, que non sabe nin conducirse. 8O teu servo atópase no medio deste pobo
escollido por ti, un pobo grande e numeroso, que non se pode contar nin estimar.
9Concédelle, pois, ó teu servo un corazón escoitador, que saiba gobernar ben o teu pobo e
distingui-lo ben e o mal. ¿Quen, se non, podería gobernar este pobo tan grande?"
10O Señor pareceulle ben que Salomón pedise aquilo. 11E díxolle: -"Xa que pediches isto
e non pediches para ti mesmo vida longa, nin riquezas, nin a vida dos teus inimigos, senón
que pediches acerto para ben gobernar, 12vouche concede-lo que pediches: unha mente
sabia e intelixente, coma non a houbo antes de ti nin a haberá tampouco despois.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 57 e 72. 76-77. 127-128. 129-130
R/ (97a): Canto amo, Señor, a túa Lei!
57A miña sorte é o Señor:
eu propoño observa-la túa palabra.
72A túa vontade é para min mellor
ca milleiros de ouro e prata.
76Que o teu amor me console,
conforme llo prometiches ó teu servo.
77Que a túa piedade veña a min e vivirei;
a túa lei é a miña alegría.
127Eu amo os teus mandamentos,
por riba do ouro máis puro.
128Guíome polas túas normas
e aborrezo o camiño da mentira.
129A túa revelación é admirable,
por iso eu a observo.
130A ensinanza da túa palabra reloce,
fai sabios ós ignorantes.
SEGUNDA Rm 8, 28-30
Predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu Fillo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
28Sabemos que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron escolleitos
segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e predestinounos a
reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que el sexa o primoxénito entre moitos
irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a eses que chamou, tamén os
xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa gloria.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf Mt 11, 25:
Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,
porque lle revelaches ós pequenos os misterios do Reino
EVANXEO Mt 13, 44-52 (longa)
Vendeu todo canto tiña e comprou o agro aquel
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ás multitudes:
44O Reino dos Ceos é semellante a un te-souro agachado nunha leira: o home que o
atopou vólveo a agachar; e, cheo de alegría, vai vender canto ten para mercar aquela leira.
45Tamén se parece o Reino dos Ceos a un tratante de perlas finas: 46en atopando unha de
grande valor, foi vender canto tiña e mercouna.
47Do mesmo xeito é semellante o Reino dos Ceos a un aparello de rapeta largado no mar,
que recolleu peixes de tódalas castes. 48Unha vez cheo, tiran por el para a ribeira e,
sentados, escollen os bos nun queipo e os malos tiran con eles. 49Así será na fin do
mundo: sairán os anxos e arredarán os malos dos xustos 50para botalos no forno do lume;
alí será o pranto e o renxer dos dentes.
51-¿Entendedes todo isto?
Eles responderon:
-Entendemos.
52El concluíu:
-Por iso todo letrado que se fai discípulo do Reino dos Ceos parécese ó dono dunha casa
que saca das súas arcas o novo e mailo vello.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
Ou: 44-46 (máis breve)
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ás multitudes:
44O Reino dos Ceos é semellante a un te-souro agachado nunha leira: o home que o
atopou vólveo a agachar; e, cheo de alegría, vai vender canto ten para mercar aquela leira.
45Tamén se parece o Reino dos Ceos a un tratante de perlas finas: 46en atopando unha de
grande valor, foi vender canto tiña e mercouna.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario