IGREXA POLO TRABALLO DECENTE - Manifesto 1 de maio
Agora máis ca nunca: Traballo
Decente!
| 
   As entidades de inspiración
  católica que promoven a iniciativa Igrexa
  polo Traballo Decente (ITD) celebran, por cuarto ano
  consecutivo, o Día Internacional do traballo e a solemnidade de san Xosé
  obreiro, patrón dos traballadores e as traballadoras (1), nun ano
  extraordinariamente marcado polo grave impacto da pandemia no conxunto da
  sociedade e no mundo do traballo, cuxos efectos foron especialmente acentuados
  nas persoas máis vulnerables.  Sabemos que Xesucristo aprendeu
  de san Xosé “o valor, a dignidade e a alegría do que significa comer o pan
  que é froito do propio traballo”; e que aquela familia de Nazaré tivo que
  afrontar, na súa migración por Exipto, “a necesidade para comer, de atopar
  unha casa, un traballo”. (2) ITD quere subliñar, neste
  tempo, a importancia do traballo como actividade humana que acrecenta a
  dignidade de cada persoa e das súas familias. Co traballo coidamos ao
  conxunto da sociedade e ao planeta. Ademais, co traballo participamos en nosa
  propia humanización, no sostemento da Creación e na “chegada do Reino” (2) O impacto da pandemia acelerou
  os procesos que debilitan o dereito ao traballo, e empobrecen, precarizan e
  descartan millóns de traballadoras e traballadores, principalmente mulleres e
  mocidade. Iso provoca que o acceso a un posto laboral digno, tras moitos anos
  dedicados ao estudo e á especialización nun ámbito profesional, sexa hoxe
  case un luxo que poucas e poucos mozos se poden permitir. Que o traballo estea
  en risco supón que o pacto social entre en crise e, con iso, a propia
  democracia.  Destruíronse miles de empregos e moitos dos
  ERTE resolvéronse, finalmente, en despedimentos. Os empregos considerados
  esenciais “moitas veces exercidos en condicións precarias, tanto a nivel
  laboral como de protección sanitaria”, non se viron recoñecidos nunha mellora
  das súas condicións. E as medidas de protección social deseñada para paliar
  os efectos da crise non chegaron ás persoas que máis o necesitan, como tampouco
  sucedeu co subsidio temporal previsto para as traballadoras do fogar ou o
  ingreso mínimo vital. Ademais, a pobreza dispárase entre a poboación emigrante
  en situación administrativa irregular, onde o desemprego e a economía
  informal son maioritarios, sen posibilidade de acceso ao sistema de
  protección. Nese sentido, cremos oportuno
  destacar que é fundamental unha política que promova a fraternidade e permita
  a amizade social ao servizo do ben común. Por iso é polo que neste Primeiro
  de Maio “o gran tema é o traballo”, unha dimensión esencial para promover “o
  ben do pobo” (3) e o acceso a unha vida digna nunha sociedade máis decente.
  Instamos, agora máis ce nunca, a adoptar as medidas necesarias para conseguir
  que o traballo decente sexa unha realidade accesible para todas as persoas,
  con condicións que permitan manter unha vida digna e unha protección social
  que chegue a todas as persoas que o necesitan.  | 
 |
| 
   Por iso, neste Primeiro de
  Maio, ITD reclama: 
 
 
 
 
 
 Convocamos a todas as comunidades cristiás a unirnos, asegurando
  as medidas sanitarias, na celebración, a loita e a oración deste 1º de Maio.
  Invitámosvos a participar en cantas accións poidan facer visible estas
  reclamacións. E co papa Francisco, imploremos a san Xosé obreiro para que
  atopemos camiños que nos leven a dicir: Agora máis ca nunca: Ningún mozo, ningunha persoa, ningunha
  familia sen Traballo Decente!  | 
 
1: Cfr. Pío XII 1955
2: Cfr. Patris Corde 
3: Fratelli Tutti 127
IGREXA POLO TRABALLO DECENTE (ITD). CAMPAÑA 1º MAIO.
 DOCUMENTO
DE ORIENTACIÓNS PARA A COMUNICACIÓN EN REDES SOCIAIS.
Ante
o 1º de Maio, lanzamos un manifesto para alertar de que o impacto da pandemia
está debilitando o dereito ao traballo, e empobrecendo, precarizando e
descartando a millóns de traballadoras e traballadores, principalmente mulleres
e mocidade.
Queremos potenciar e visibilizar esta mensaxe, que difundiremos desde o 27 de
abril, e por iso: 
■ Tes un papel
importante...
Todas as persoas que
reclaman un traballo decente están chamadas a participar nesta xornada. Esta
acción en redes pretende potenciar a convocatoria, as reivindicacións, os actos
e a túa participación.
■ Desde o 27 de abril,
a partir das 11:00 da mañá...
Comparte e fai chegar a mensaxe de ITD entre amigos e amigas,
compañeiros e compañeiras de traballo, familiares, parroquia, etc.
Dadas as limitacións actuais para levar a cabo actos de rúa, ITD invita a
celebrar neste Primeiro de Maio mediante xestos de oración persoal ou
comunitaria, xunto a unha “mobilización dos balcóns” para dar visibilidade a
estas reivindicacións nas fiestras dos nosos domicilios.
■ Neste
https://www.iglesiaporeltrabajodecente.org/dias-claves/1-mayo/
Podes acceder a todo o
material desta convocatoria, que lanzamos coa etiqueta:
■ En Twitter podes:
 
# AgoraMáisQueNuncaTraballoDecente
 
1. Compartir as mensaxes e imaxes que propoñemos. Canto máis
publiquemos, mellor!
2. Retuitear o que consideres importante da conta @iglesiaxTD
3. Retuitear o que publique calquera das organizacións que promoven esta
campaña:
4. Retuitear o que consideres da etiqueta #AgoraMáisQueNuncaTraballoDecente
5. Tuitear a túa opinión, sen esquecer escribir a etiqueta #AgoraMáisQueNuncaTraballoDecente
e mencionar a @iglesiaxTD e á túa organización
6. Pasar información da convocatoria por grupos privados de Twitter.
6.   Pasar información de la convocatoria por
grupos privados de Twitter.
■ Desde Whatsapp ou
Telegram podes:
1.   Compartir a túa participación na xornada...
2.   Pasar información da convocatoria por
grupos...
■ Desde Facebook podes:
1. Compartir as mensaxes e imaxes que propoñemos. Canto máis
publiquemos, mellor!
2. Facer clic en “gústame...” e comparte o que publique a túa organización
desta xornada
3. Publicar a túa opinión sen esquecer escribir a etiqueta #AgoraMáisQueNuncaTraballoDecente
4. Pasar a información por grupos/messenger de Facebook.
■ Utiliza o manifesto e
a nota de prensa que se publica o 27 de abril á 11:00h para elaborar mensaxes e
publicar en redes sociais. Non obstante, aquí propoñémosche algunhas ideas:
| 
   A pandemia está debilitando o dereito ao traballo, e empobrecendo,
  precarizando e descartando a millóns de traballadoras e traballadores,
  principalmente mulleres e mocidade.  | 
 
| 
   Queremos destacar a importancia do traballo como actividade que
  acrecenta a dignidade de cada persoa e das súas familias. Co traballo
  coidamos o conxunto da sociedade e o planeta.  | 
 
| 
   O acceso a un posto laboral digno, tras moitos anos dedicados ao
  estudo e á especialización nun ámbito profesional, é hoxe case un luxo que
  poucas e poucos mozos se poden permitir.  | 
 
| 
   Instamos adoptar medidas para conseguir que o traballo decente sexa
  unha realidade accesible para todas as persoas, con condicións que permitan
  manter unha vida digna e unha protección social que chegue ás persoas que o
  necesitan.  | 
 
| 
   O dereito ao traballo está en risco, o que supón que o pacto social
  entre en crise e, con iso, a propia democracia.  | 
 
| 
   A profunda crise que vivimos pon de relevo a necesidade dun cambio de
  sistema produtivo, baseado en traballos que acheguen valor, suxeitos dunhas
  condicións laborais dignas, e onde as persoas estean no centro.  | 
 
| 
   As medidas de protección social deseñadas para paliar os efectos da
  crise non chegaron ás persoas que máis o necesitan, como tampouco sucedeu co
  subsidio temporal previsto para as traballadoras do fogar ou o ingreso mínimo
  vital.  | 
 
| 
   As condicións de pobreza entre a poboación migrante en situación
  administrativa irregular agraváronse, onde o desemprego e a economía informal
  son maioritarios, sen posibilidade de acceso ao sistema de protección.  | 
 
■  Multimedia 
para  compartir  en 
redes  sociais.  Hai  unhas  imaxes 
para  apoiar  a 
campaña,  aquí
https://drive.google.com/drive/folders/17Gah-V4uuY2toudbsKmGbGrxxGnOZMad?usp=sharing



Comentarios
Publicar un comentario