ROMAXE DE CRENTES GALEGOS 2020

 (DISCULPADE QUE NON SE PUBLICOU CANDO O PUXEN, 

NON SEI QUE FIXEN MAL, CHEGA TARDE...)


COMUNICADO DE IRIMIA:


Este sábado, os Rumores da Romaxe van encher Galicia. A asoc. Irimia quérevos animar a que vos sumedes á celebración, o sábado 12, desde as 11:45 da mañá. 

Vén a Bergondo (anótate no 626774809) ou súmate en celebracións en grupos pequenos conectadas por what'sapp (súmate no 676180127). Facilitaremos o texto da celebración  e as músicas para que poidades celebrar na distancia simultaneamente, partillando audios e textos.   

Vós só tendes que poñer a mesa, o pan e o viño, e unha planta que nos recorde que somos semente que medra, que resiste e que espera, que abre as súas ponlas ao vento, deixándose arrolar polo aire. O ano que vén celebraremos a Romaxe en Arzúa, se Deus quer, pero entrementres, mantemos acesa a esperanza celebrando a nosa fe.

Comentarios

Publicacións populares