Santo Rosario - Rezo completo

Por cortesía de Xosé Manuel Lence G.






 

 

 

 




LADAIÑAS    MARIANAS I
Lauretanas   (días pares)
 


LADAIÑAS    MARIANAS II
do ritual de Coroación dunha imaxe de santa María  (días impares)

 



ORACIÓN
Pedímosche, Señor,
que nos concedas a nós os teus servos,
gozar sempre da saúde da alma e do corpo e,
pola gloriosa intercesión da Benaventurada Virxe María, nos vexamos libres da tristura do tempo presente
e gocemos a alegría eterna da túa gloria. Por Cristo Noso Señor
DESPEDIDA

Que o Señor nos bendiga , nos libre do mal
e nos leve cara a vida eterna . Amén



APÉNDICE
Ofrecemos neste apéndice unha escolla de textos bíblicos para iluminar o rezo dos distintos misterios do Rosario. Introducir estas microlecturas, como o hábito de introducir mínimos espazos de silencio, serán unha ocasión preciosa de que o Rosario sexa diálogo no que falamos a Deus, mais tamén deixamos sitio á escoita da súa voz. Pensamos que o uso concreto pode ser o de proclamar esas lecturas despois do enunciado do Misterio e do canto do Ave María, cando se fai, xusto antes do rezo do NosoPai en cada misterio.



misterios gloriosos
1º misterio
Mt 28, 5-6
5 O anxo díxolles ás mulleres:
-Non teñades medo, ben sei que buscades a Xesús o crucificado. 6Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde vero sitio onde estaba.
2º misterio
Lc 24, 50-51; Mc 16, 20
50Despois levounos para fóra, a un lugar preto de Betania, e alí, erguendo as mans, bendiciunos. 51E mentres os bendicía, foise separando deles, e foi elevado ao ceo 20Eles saíron a predicar por todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban.
3º misterio
Feit 1, 14; 2, 1-4
14E todos eles dedicábanse conxuntamente á oración, con algunhas mulleres e mais María a nai de Xesús e cos seus irmáns.
1Cando se cumpriron os días de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio. 2De
súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; 3e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles. 4Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito
4º misterio
Ct 2, 10-11.14b
10Faloume o meu amigo; así dicía:
-"¡Érguete, amada miña, fermosa miña,ven xa! 11Xa fuxiu o inverno,foron pasando as chuvias, 14 faime ver a túa figura,faime oír o teu falar, que é doce esa voz túa, e o teu xeito, lanzal!"
5º misterio
Sal. 45, 14-15; Ap 12, 1
14Entra con todo o honor dunha princesa, bordados en ouro os seus vestidos;
15con variado atavío é conducida ao rei, acompañada polas súas doncelas. Preséntante as amigas,
1E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas


misterios gozosos
1º misterio
Lucas 1, 30-32, 38
30O anxo continuou:
-Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus; 31e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ao que lle poñerás de nome Xesús. 32Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai.
38María contestou:
-Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. E o anxo marchou de onda ela.
2º misterio
Lucas 1, 39-42
39Naqueles mesmos días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a grandes voces:
-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre.
3º misterio
Lucas 2, 6-7.9-11
6E resultou que, estando alí [en Belén], chegoulle o tempo do parto, 7e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles. 9Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto.
10Pero o anxo díxolles:
-Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo. 11Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor.
4º misterio
Lc 2, 22.25. 34-35a
22Cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ao Señor 25Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, 34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:
-Mira, este está disposto para caída ou soerguemento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesar a alma.
5º misterio
Lc 2, 42-47
42E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados
aqueles días, cando eles volvían, o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que seus pais se decatasen. 44Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para buscalo. 46E resulta que, ao cabo de tres días, atopárono no templo,
sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. 47Todos os que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións.


misterios luminosos
1ºmisterio
Mt 3, 13, 16-17
13Entón apareceu Xesús, que viña desde Galilea ao Xordán, para que Xoán o bautizase. 16Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del. 17E oíuse desde o ceo unha voz que dicía:
-Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.
2º misterio
Jn 2,1-5
1O terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. 2Tamén foron Xesús e mailos seus discípulos convidados ao casamento. 3Chegou a faltar o viño e a nai de Xesús díxolle:
-Non che teñen viño.
4Replicoulle Xesús:
-Muller, que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora.
5Súa nai díxolles entón aos servidores: -Facede o que el vos diga.
3º misterio
Mc 1, 15, 21; 2,3.5.8.10-11
15Estaba Xesús en Galilea e dicía:
-O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova
21Viñeron a Cafarnaúm, e, ao chegar o sábado, púxose a ensinar na sinagoga.
3Entón, entre catro, trouxeron un home tolleito.. 5Xesús, vendo a fe que tiñan, díxolle:
-Meu fillo, quédanche perdoados os teus pecados.
8Xesús, decatándose axiña do que estaban cavilando [os letrados], díxolles:
-Por que razoades así nos vosos adentros? 10Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder para perdoar os pecados 11-dille ao tolleito-, colle a padiola, e vaite á túa casa.
4º misterio
Mt 17, 1-3.5
1Seis días despois colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sos a un monte alto. 2Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz. 3Nisto apareceron Moisés e mais Elías falando con el. 5E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo:
-Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.
5º misterio
Mt 26, 26-28
26Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan e, dando grazas, partiuno e déullelo aos seus discípulos, dicindo:
-Tomade e comede: isto é o meu corpo.
27E collendo unha copa, dando grazas, déullela dicindo:
-Bebede todos dela. 28Que isto é o meu sangue, o sangue da Alianza, vertido por todos para o perdón dos pecados.


misterios dolorosos
1º misterio
Lc 22, 39-42
39Despois de saír, foise como facía sempre ao Monte das Oliveiras, seguido dos seus discípulos. 40Cando chegaron ao sitio, díxolles:
-Rogade que non caiades na tentación.
41E arredándose deles, coma un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado:
42-Meu Pai, se queres, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade, senón a túa.
2º misterio
Xn 18, 33, 19;1
38Pilato preguntoulle:
-Que é a verdade?
E, dito isto, saíu onda os xudeus e díxolles:
-Eu non atopo nel culpa ningunha. 39Hai entre vós o costume de que eu vos solte alguén pola Pascua. Queredes, logo, que vos solte ao Rei dos Xudeus?
40Berraron entón outra vez, dicindo:
-Non. A ese non; a Barrabás. (O tal Barrabás era un bandido).
1Entón Pilato colleu a Xesús e mandouno azoutar.
3º misterio
Mt 27, 29-30
29 trenzando [os soldados] unha coroa de espiños, puxéronlla na cabeza, e na man dereita unha cana. Axeonllándose diante del, dicíanlle moqueándose:
-Saúde, rei dos xudeus!
30Cuspíanlle e coa canivela dábanlle vergalladas na cabeza.
4º misterio
Mt, 27, 31; Jn 19, 17; Mc 15, 21
31Despois de faceren riso del, quitáronlle o manto e puxéronlle a súa roupa e quitárono para fóra para o crucificar.
17Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo.
21Pasaba por alí Simón de Cirene, que volvía da leira -o pai de Alexandro e de Rufo- e obrigárono a cargar coa cruz.
5º misterio
Lc 23, 33. 44-46
33E cando chegaron ao lugar chamado "A Caveira", crucificárono alí; e con el os dous bandidos: un á dereita e outro á esquerda del. 44Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde. 45Pois houbo unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio. 46Entón Xesús, pegou un berro moi alto e dixo:
-Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito









Comentarios

Publicacións populares