NOVAS DE ANINOVO

O primeiro é o primeiro: Feliz Aninovo a todos.

Decidín comezar este novo ano con novas ideas e seguir compartindo con todo o que se quera apuntar. Acabo de iniciar contactos con outras páxinas de cultura galega que non son especificamente de Igrexa, porque penso que o diálogo entre a fe e a cultura é necesario, interesante, creativo e positivo. A última tola idea que se me ocurríu foi a de facer unha misa de música tradicional galega, que non partise dos coros que traballamos sempre nisto senón directamente do pobo, así que xa comecéi a tantexar a ver que lle parece á xente.


Gustaríame que se recollesen tódalas variantes tradicionais adaptándoas á celebración, non sei, un alalá para a entrada, unha foliada no gloria, unha pandeiretada no santo, unha muiñeira para a comuñón... algo sí; que partise de grupos folklóricos que tocan habitualmente e que compoñen, que fose algo de todos e que saíse do corazón do pobo.

Paréceme unha idea interesante e novedosa, e anímame moito só de pensalo, igual é unha tolería, pero sorrío cando o penso. Ás veces penso cada cousa...

Comentarios

Publicacións populares