NOITEBOA
Hoxe chega o Neno !! Lembro como esperaba eu a chegada dos meus e sorrío pensando en María. Hoxe é o día de abrir os corazóns e lembrar que o Nadal recórdanos que debemos ser mellores, repartir risas, ilusións, recordos, esperanza...
Xa sei que levo moitos días sen escribir apenas nada sobre como van as cousas da páxina web e teño que dicir que mellor do que esperaba. Quero aproveitar para recordar a tódalas persoas que saben dela e que están apoiando este proxecto, que empeza pouco a pouco e esperar chegar a todos os galegos. Gracias á FERE porque facilitou a noticia desta web en tódolos colexios ós que esperaba chegar, gracias ás dióceses que comunicaron nas súas páxinas web a nosa chegada, gracias as persoas que se comprometeron comigo a avanzar nesta andaina... (o que xa viu a páxina web diría que son unha pesada dando gracias, pero aledáchesme este Nadal, cando unha está en paro tende a pensar que o seu traballo non vale para nada).
En breve espero comezar a reunir á xente para grabar cancións e subilas á web, pero invito a todos os que xa traballan nas súas parroquias e grupos a facelo e a compartilo. Que saibades que a miña parroquia de Mondariz fai conexións en directo das misas do domingo, pero todavía non grabamos nada (afortunadamente porque xa sabedes que nós máis que cantar, damos o cante; animamos as misas pero non somos precisamente a Caballé e Plácido Domingo).
Déixovos coas oracións de Nadal que me enviaron da FERE, por se algúen as necesita:
Xa sei que levo moitos días sen escribir apenas nada sobre como van as cousas da páxina web e teño que dicir que mellor do que esperaba. Quero aproveitar para recordar a tódalas persoas que saben dela e que están apoiando este proxecto, que empeza pouco a pouco e esperar chegar a todos os galegos. Gracias á FERE porque facilitou a noticia desta web en tódolos colexios ós que esperaba chegar, gracias ás dióceses que comunicaron nas súas páxinas web a nosa chegada, gracias as persoas que se comprometeron comigo a avanzar nesta andaina... (o que xa viu a páxina web diría que son unha pesada dando gracias, pero aledáchesme este Nadal, cando unha está en paro tende a pensar que o seu traballo non vale para nada).
En breve espero comezar a reunir á xente para grabar cancións e subilas á web, pero invito a todos os que xa traballan nas súas parroquias e grupos a facelo e a compartilo. Que saibades que a miña parroquia de Mondariz fai conexións en directo das misas do domingo, pero todavía non grabamos nada (afortunadamente porque xa sabedes que nós máis que cantar, damos o cante; animamos as misas pero non somos precisamente a Caballé e Plácido Domingo).
Déixovos coas oracións de Nadal que me enviaron da FERE, por se algúen as necesita:
PREGÓN DO NADAL - A
Misa da Media noite
Xuntámonos aquí esta noite
Noite Boa, Noite Santa para celebrar o Nadal do Señor.
Millóns de anos despois da creación, cando a terra era materia incandescente, rotando sobre o seu eixo,
Millóns de anos despois de agromar a vida sobre a faciana da terra. Miles e miles de anos despois de que apareceran os primeiros seres humanos, capaces de recibir o Espírito de Deus.
Uns mil novecentos anos despois de que Abrahán, obediente á chamada de Deus, partira da súa patria sen saber a onde ía.
Uns mil douscentos anos despois de que Moisés conducira polo deserto cara a terra prometida ó pobo hebreo, escravo de Exipto.
Uns mil anos despois que David fose unxido rei de Israel polo profeta Samuel.
Uns cincocentos anos despois de que os xudeus, cativos en Babilonia, retornasen á patria por decreto de Ciro, rei dos persas.
O ano corenta e dous do reinado do emperador Octavio Augusto, estando o universo en paz.
O Fillo de Deus Pai, tendo decidido salvar o mundo coa súa vinda, concibido por obra do Espírito Santo, transcorridos os nove meses da súa xestación no seo materno, en Belén de Xudá, feito home, naceu da Virxe María, Xesús, Cristo.
A solemnidade desta noite lémbranos aquela outra, a máis importante do ano: A Vixilia Pascual.
E a Pascua do Señor Xesús - a nosa pascua, feliz Pascua - o que verdadeiramente celebramos na conmemoración do Nadal.
NADAL, “DEUS CONNOSCO” - A
“E a palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda” (Xn, 1, 14)
Dicir Nadal é festexar a presenza de Deus entre nós como home, Deus está connosco (Emmanuel). Deus entra no noso mundo, na nosa historia.
Dicir Nadal é dicir que Deus di si á Humanidade, Deus aposta pola humanidade, pola súa febleza e pobreza.
Dicir Nadal é falar de Encarnación (e enculturación). Deus asume esencial e existencialmente a nosa realidade humana, nun tempo, nun espazo e nunha cultura concreta, ata facerse home con todas as consecuencias.
Dicir Nadal é falar do misterio da Alianza de Deus coa Humanidade. O agasallo de Deus aos homes e mulleres é o seu Fillo, que se humaniza para humanizarnos máis e divinizarnos máis.
Dicir Nadal é dicir que o Deus que nos parecía invisible, distante e alleo se fai accesible, palpable, e icona na febleza dun Neno. “O Deus que ninguén viu xamais”, ten en Xesús o rostro da Humanidade.
Dicir Nadal é falar do misterio de amor de Deus, “tanto amou Deus ao mundo que lle deu o seu Fillo único”.
Dicir Nadal é falar de que a Palabra, sentido de todo, se fixo carne, é dicir da nosa feble condición, por que Deus quere comunicársenos, para que vivamos a súa Luz e a súa vida. Quere acompañarnos no noso éxodo, e acampa connosco, quere vivir a nosa vida, faise irmán.
Dicir Nadal é ollar cara á festa da Pascua, pois aquí comeza a historia da nosa liberación, que será plena coa morte e resurrección de Xesús, o Cristo.
NADAL
En Belén proclámase todo isto,
por iso Nadal é a Boa Nova para todos.
Nadal é festa,
Deus cumpre a súa Promesa en Xesús.
MARÍA
Unha mociña é o berce de Xesús, o Home Novo.
Nela, a Virxe,
Deus supera todas as expectativas humanas
e amosa a súa forza
como un don de total gratuidade.
María, que fora modelo de espera e confianza en Advento,
é agora modelo de acollida de Deus,
de vocación xenerosa,
de humildade, de dispoñibilidade,
de servizo e de ledicia e gozo,
porque o “Poderoso fixo marabillas nela”.
PEQUENAS SUXESTIÓNS
Nestas festas: a Natividade e a súa oitava (a Sagrada Familia), a de María Nai de Deus (día 1 de xaneiro, tamén día da Paz) e as da Epifanía e o Bautismo, cómpre coidar a ambientación da igrexa e das celebracións. Que se perciba que é tempo de ledicia e festa.
Pódese subliñar o carácter extraordinario e gozoso deste tempo co canto do Gloria e do Aleluia; empregando as Pregarias Eucarísticas cos simbolismos propios na oitava; a bendición solemne; e con grande profusión de luz e flores.
Tamén é axeitado integrar na liturxia para enriquecela, as manifestacións de piedade popular: o Belén, a árbore, as panxoliñas.
Cómpre resaltar o verdadeiro sentido cristián e salvífico destas festas por enriba das interpretacións oportunistas ou mercantilistas que levan ao consumismo. Procurando tamén non caer no sentimentalismo ou na acción caritativa puntual e pasaxeira.
PERANTE O NENO DO PORTAL
Aquí nos tes, Xesús,
diante do presebe onde ti acougas.
Aquí nos tes,
aquí cegamos para ver
canto pasou en Belén,
canto alí nos quixeches revelar.
Quedamos abraiados
por escolleres ti
os xeitos dun pobre neno recén
para nos falar de ti mesmo,
da túa tenrura e do teu estilo!
Cos pastores acollemos
a boa nova da túa chegada.
Cos anxos celebramos
o gozo do ceo e a paz da terra
pola xente que ti queres tanto.
Con María gardámolo todo
para o repasar con calma no noso corazón.
Aprenderemos aquí
a lección de Belén;
aprenderemos a descubrir
en todos os feitos pequenos da vida
a semente do teu corpo encarnado;
en todos os intentos humildes de fraternidade
o adianto do teu corpo enteiro e glorioso.
Graciñas, Xesús, por vir,
e estares entre nós,
coma un mestre entre os discípulos
no presebe de Belén.
ENCÁRNATE COMA XESÚS
Encárnate, coma Xesús,
non lle teñas medo á lama, ao po,
aos camiños da xente,
non lle teñas medo ao conflito.
Encárnate, coma Xesús,
introdúcete na historia dos pobos,
na historia do teu pobo,
na historia cotiá da xente que contigo fai pobo.
Encárnate, coma Xesús,
descende do ceo á terra,
na túa experiencia diaria,
para poderes ser camiñante fiel
nos camiños verdadeiros de Deus.
Encárnate, coma Xesús,
e escolle para facelo
os lugares, as persoas, os pobos máis humildes,
e abriránseche os ollos
e veralo todo dun xeito novo e marabilloso,
e descubrirás o rostro de Deus,
e faraste en Xesús fillo de Deus,
e encheraste da súa abundancia
de graza e verdade,
e a túa casa toda será casa de luz.
Bicos e apertas de Nadal para todos. Nuria N.
Comentarios
Publicar un comentario