COMEZA O ADVENTO
Nestes días tan difíciles chega o mellor momento do ano, o momento do cambio, de intentar ser mellor. Preparámo-la chegada do Amor, cun rostro de Neno, o Amor encarnado polo Si dunha pequena e humilde muller. Escoitemos os nosos corazóns, aprendamos a dicir SI. Miremos as mans dos que piden axuda, dos que están lonxe e sofren a dureza da vida e dos que están preto e non saben tender a man para pedirnos axuda. Leamos no corazón. Sexamos como María.
Escoitemos as voces na Igrexa, as voces das mulleres olvidadas, as voces dos nenos abusados, as voces das linguas esquecidas, as voces dos pobres necesitados, as voces dos sacerdotes apartados, ... ESCOITEMOS, ...CHEGA O NADAL.

Comentarios
Publicar un comentario