ORACIÓNS DE CORESMA (ciclo A)

PRIMEIRA SEMANA DE CORESMA:


ENSÍNAME

Ensíname a camiñar unida a ti. Ti es o meu Señor! 

Se ninguén me ama, a túa alegría é amarme. 

Se choro, o teu desexo é consolarme. 

Se son débil, Ti es a miña forza e a miña enerrxía. 

Se ninguén me necesita, Ti búscasme. 

Se estou baleira, a túa plenitude colmarame. 

Se quero camiñar, Ti vés comigo. 

Se te chamo, Ti sempre vés. 

Se me perdo, Ti búscasme sen cesar. 

Se estou cansa, ti es o meu descanso. 

Se peco, ti es o meu perdón. 

Se che pido, Ti es don para min. 

Se te necesito, disme: Aquí estou, en de ti. 

Se estou ás escuras, Ti es luz para os meus pasos. 

Se teño fame, Ti es pan de vida para min. 

Se son infiel, Ti es fiel. 

Se quero conversar, Ti escóitasme sempre. 

Se te miro, vexo a verdade do meu corazón. 

Se todos me esquecen, as túas entrañas estremécense lembrándome. 

Se non teño a ninguén, téñoche a ti. 

Se son silencio, a túa palabnra habitará no meu corazón.



SEGUNDA SEMANA  DE CORESMA:



PERFÚMATE

Señor, que estraña mensaxe a túa:

“ Cando xaxúes, perfúmate, para que ninguén o note;

e o Pai, que todo o ve, recompensarate” .

Non é a tristeza, nin as caras longas o que a ti te gusta.

Ti es Deus de corazóns.

Ti estás afeito ler en segredo.

Ti non queres aparencias,

a ti gústache a conversión verdadeira.

O meu corazón quere repetir sen tardar:

“Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade.

Aquí estou, Señor”.

Renuncia e Conversión, Señor,

é bastante fácil sentir a túa chamada

nos acontecementos do noso tempo e do noso ambiente.

E é fácil tamén contentarse simplemente

con respostas emotivas, compasivas e de desagrado.

O que nos resulta difícil é renunciar ás nosas comodidades,

romper as nosas estruturas deixarnos arrastrar pola túa graza,

cambiar de vida, converternos.

Convértenos, Señor! 


TERCEIRA SEMANA  DE CORESMA:


QUEDA COMIGO, SEÑOR

«Queda comigo, Señor, pois é necesario terte presente para non esquecerte. 

Ti sabes con que facilidade te abandono. 

Queda comigo, porque son débil e preciso a túa forza para non caer tan a miúdo. 

Queda comigo, Señor, porque ti es a miña vida, e sen ti estou sen fervor. 

Queda comigo, Señor, porque ti es a miña luz e sen ti estou ás escuras. 

Queda comigo, Señor, para mostrarme a túa vontade. 

Queda comigo, Señor, para que escoite a túa voz e te siga. 

Queda comigo, Señor, porque quero amarte moito e estar sempre na túa compaña. 

Queda comigo, Señor, se queres que te sexa fiel. 

Queda comigo, Señor, porque por pobre que sexa a miña alma, 

desexa ser para Ti un lugar de consolo, un niño de amor. 

Queda comigo, Xesús, porque se fai tarde e o día declina, é dicir, 

a vida pasa, a morte, o xuízo e a eternidade achéganse e 

preciso repor forzas para non determe no camiño, e para iso necesítote a ti. 

Faise tarde e a morte achégase. 

Temo a escuridade, as tentacións, as secas, as cruces, as penas 

e canto te necesito, Xesús meu, nesta noite de desterro. 

Queda comigo, Xesús, porque, nesta noite de vida e de perigo, te necesito. 

Que na fracción do pan te recoñeza como discípulo teu, é dicir, 

que a Comuñón Eucarística sexa a Luz que disipe as tebras, 

a Forza que me sosteña e a única Alegría do meu corazón. 

Queda comigo, Señor, porque na hora da miña morte, 

quero permanecer unido a ti, se non pola Comuñón, 

polo menos pola Graza e o Amor. 

Queda comigo, Xesús, non che pido consolos divinos porque non os merezo, 

pero o don da túa presenza, oh si, que cho pido. 

Queda comigo, Señor, só a ti te busco, ao teu Amor, á túa Graza, 

á túa Vontade, ao teu Corazón, ao teu Espírito, 

porque te amo e non pido outra recompensa que amarte máis. 

Cun amor firme e práctico, amarte, de todo corazón, na terra, 

para seguir amándote perfectamente por toda a eternidade. 

Que así sexa». 


S.Padre Pío de Pietrelcina (1887-1968)


CUARTA SEMANA  DE CORESMA:


NOS TEUS BRAZOS, SEÑOR

 Sei que moitas veces estreito nos meus brazos

a alguén sen demasiadas ganas.

Sei que moitas veces tenso os meus brazos

e non acollo a quen mandas no teu nome.

Sei que moitas veces prefiro abrazarme a min mesmo

e satisfacer as miñas necesidades non auténticas.

No meu corazón sinto que así non te atopo.

No meu corazón sinto que así non te mostro.

No meu corazón sinto que así eu te condeno.

 No meu corazón sinto que así eu me peco.

Desde o máis profundo, quero abrir os ollos.

Desde o máis profundo, quero abrir as miñas mans.

Desde o máis profundo, quero abrir a miña mente.

Desde o máis profundo, quero abrir o meu corazón

 e acollerte a ti, o meu Deus.

 

Nos teus brazos, Señor, acólleme e ensíname.

Nos teus brazos, Señor, acólleme e limpa a miña culpa.

Nos teus brazos, Señor, acólleme e dáme un corazón misericordioso.

Dáme os teus brazos, Señor, e axúdame a levantarme.Final del formulario



QUINTA SEMANA  DE CORESMA:


TEÑO SEDE DE TI (fragmento)

É verdade. Estou á porta do teu corazón, de día e de noite.

Aínda cando non estás a escoitar, aínda cando dubides que puidese ser eu,

aí estou: esperando a máis pequeno sinal de resposta,

até a máis pequena suxestión de invitación que me permita entrar.

 

E quero que saibas que cada vez que me convidas,

Eu veño sempre, sen falta.

Veño en silencio e invisible, pero cun poder e un amor infinitos […].

Veño coa miña misericordia, co meu desexo de perdoarte

e de sanarte, cun amor cara a ti que vai máis aló da túa comprensión.

 

Un amor en cada detalle, tan grande como o amor que recibín do meu Pai.

Veño desexando consolarte e darche forza,

levantarte e vendar todas as túas feridas.

 

Tráioche a miña luz, para disipar a túa escuridade e todas as túas dúbidas. […]

Veño coa miña paz, para tranquilizar a túa alma.

Cando finalmente abras as portas do teu corazón e te achegues o suficiente,

entón escoitarasme dicir unha e outra vez, non en meras palabras humanas

senón en espírito: «non importa que é o que fixeses, ámote por ti mesma.

 

Ven a Min coa túa miseria e os teus pecados, 

cos teus problemas e necesidades, e con todo o teu desexo de ser amada. 

Estou á porta do teu corazón e chamo, ábreme, porque teño sede de ti.

 

Comentarios

Publicacións populares