MENSAXE DO PAPA FRANCISCO PARA A LVIII XORNADA MUNDIAL DA PAZ

1 DE XANEIRO DE 2025

Perdoa as nosas ofensas, concédenos a túa paz

I. Escoitando o berro da humanidade ameazada 1. Ao comezo deste novo ano que nos dá o Pai celestial, tempo xubilar dedicado á esperanza, dirixo a meu máis sincero desexo de paz a toda muller e home, en particular a quen se sente prostrado pola súa propia condición existencial, condenado polos seus propios erros, esmagado polo xuízo dos outros, e xa non logra divisar ningunha perspectiva para a súa propia vida. A todos vós, esperanza e paz, porque este é un Ano de graza que provén do Corazón do Redentor. 2. No 2025 a Igrexa católica celebra o Xubileu, evento que colma os corazóns de esperanza. O "xubileu" remóntase a unha antiga tradición xudía, cando o son dun corno de carneiro -en hebreo iobel- anunciaba, cada corenta e nove anos, un de clemencia e liberación para todo o pobo (cf. Lv 25,10). Este solemne chamamento debía resoar idealmente en todo o mundo (cf. Lv 25,9), para restablecer a xustiza de Deus en distintos ámbitos da vida: no uso da terra, na posesión dos bens, na relación co próximo, sobre todo respecto dos máis pobres e a quen caeran en desgraza. O son do corno lembraba a todo o pobo -ao que era rico e ao que se empobrecera- que ningunha persoa vén ao mundo para ser oprimida; somos irmáns e irmás, fillos do mesmo Pai, nados para ser libres segundo a vontade do Señor (cf. Lv 25,17.25.43.46.55). 3. Tamén hoxe, o Xubileu é un evento que nos impulsa a buscar a xustiza liberadora de Deus sobre toda a terra. Ao comezo deste ano de graza, en lugar do corno nós queremos pornos á escoita do «berro desesperado de auxilio» [1] que, como a voz do sangue de Abel o xusto, elévase desde moitas partes da terra (cf. Xn 4,10), e que Deus nunca deixa de escoitar. Tamén nós sentímonos chamados a ser voz de tantas situacións de explotación da terra e de opresión do próximo [2]. Ditas inxustizas asumen a miúdo a forma do que san Xoán Paulo II definiu como «estruturas de pecado» [3], porque non se deben só á iniquidade dalgúns, senón que se consolidaron -por así dicilo- e se sosteñen nunha complicidade estendida. 4. Cada un de nós debe sentirse responsable dalgún modo pola devastación á que está sometida a nosa casa común, empezando por esas accións que, aínda que só sexa indirectamente, alimentan os conflitos que están a azoutar a humanidade. Así se fomentan e entrelazan desafíos sistémicos, distintos pero interconectados, que arrasan o noso planeta [4]. Refírome, en particular, ás disparidades de todo tipo, ao trato inhumano que se dá ás persoas migrantes, á degradación ambiental, á confusión xerada culpablemente pola desinformación, ao rexeitamento de toda forma de diálogo, aos grandes investimentos na industria militar. Son todos factores dunha ameaza concreta para a existencia da humanidade no seu conxunto. Por tanto, ao comezo deste ano queremos pornos á escoita deste berro da humanidade para que todos, xuntos e persoalmente, nos sintamos chamados a romper as cadeas da inxustiza e, así, proclamar a xustiza de Deus. Facer algún acto de filantropía esporádico non é suficiente. Necesítanse, pola contra, cambios culturais e estruturais, de modo que tamén se efectúe un cambio duradeiro [5].
II. Un cambio cultural: todos somos debedores 5. O evento xubilar convídanos a emprender diversos cambios, para afrontar a actual condición de inxustiza e desigualdade, lembrándonos que os bens da terra non están destinados só a algúns privilexiados, senón a todos [6]. Pode ser útil lembrar o que escribía san Basilio de Cesarea: «Que cousa, dime, che pertence? De onde a tomaches para pola na túa vida? [...] Seica non saíches espido do ventre da túa nai?, non tornarás espido novamente á terra? Os bens presentes, de onde che veñen? Se dis do azar, es impío, porque non recoñeces ao Creador, nin dás grazas ao que che deu» [7]. Cando falta a gratitude, o home deixa de recoñecer os dons de Deus. Con todo, o Señor, na súa misericordia infinita, non abandona aos homes que pecan contra El; confirma máis ben o don da vida co perdón da salvación, ofrecido a todos mediante Xesucristo. Por iso, ensinándonos o "Noso Pai", Xesús convídanos a pedir: «Perdoa as nosas ofensas» ( Mt 6,12).

6. Cando unha persoa ignora o propio vínculo co Pai, comeza a albergar a idea de que as relacións cos demais poidan ser gobernadas por unha lóxica de explotación, onde o máis forte pretende ter o dereito de abusar do máis débil [8]. Como as elites no tempo de Xesús, que se aproveitaban dos sufrimentos dos máis pobres, así hoxe na aldea global interconectada [9], o sistema internacional, se non se alimenta de lóxicas de solidariedade e de interdependencia, xera inxustizas, exacerbadas pola corrupción, que atrapan aos países máis pobres. A lóxica da explotación do debedor tamén describe sinteticamente a actual "crise da débeda" que afecta a diversos países, sobre todo do sur do mundo. 7. Non me canso de repetir que a débeda externa converteuse nun instrumento de control, a través do cal algúns gobernos e institucións financeiras privadas dos países máis ricos non teñen escrúpulos de explotar de maneira indiscriminada os recursos humanos e naturais dos países máis pobres, a fin de satisfacer as esixencias dos propios mercados [10]. A isto agrégase que diversas poboacións, máis atafegadas pola débeda internacional, que tamén se ven obrigadas a cargar co peso da débeda ecolóxica dos países máis desenvolvidos [11]. A débeda ecolóxica e a débeda externa son dúas caras dunha mesma moeda desta lóxica de explotación que culmina na crise da débeda [12]. Pensando neste ano xubilar, convido á comunidade internacional a emprender accións de remisión da débeda externa, recoñecendo a existencia dunha débeda ecolóxica entre o norte e o sur do mundo. É un chamamento á solidariedade, pero sobre todo á xustiza [13]. 8. O cambio cultural e estrutural para superar esta crise realizarase cando finalmente nos recoñezamos todos fillos do Pai e, ante El, nos confesemos todos debedores, pero tamén todos necesarios, necesitados uns doutros, segundo unha lóxica de responsabilidade compartida e diversificada. Poderemos descubrir «definitivamente que nos necesitamos e debémonos os uns aos outros» [14].
III. Un camiño de esperanza: tres accións posibles 9. Se nos deixamos tocar o corazón por estes cambios necesarios, o Ano de graza do xubileu poderá reabrir a vía da esperanza para cada un de nós. A esperanza nace da experiencia da misericordia de Deus, que é sempre ilimitada [15]. Deus, que non debe nada a ninguén, continúa outorgando sen cesar graza e misericordia a todos os homes. Isaac de Nínive, un Pai da Igrexa oriental do século VII, escribía: «O teu amor é máis grande que as miñas ofensas. Insignificantes son as ondas do mar respecto ao número dos meus pecados; pero, se pesamos os meus pecados, respecto do teu amor, se esfuman como a nada» [16]. Deus non calcula o mal labor polo home, senón que é inmensamente «rico en misericordia, polo gran amor con que nos amou» ( Ef 2,4). Ao mesmo tempo, escoita o berro dos pobres e da terra. Bastaría deterse un momento, ao comezo deste ano, e pensar na graza coa que cada vez perdoa os nosos pecados e condona todas as nosas débedas, para que o noso corazón se alague de esperanza e de paz. 10. Por iso Xesús, na oración do "Noso Pai", establece unha afirmación moi esixente: «como tamén perdoamos nós aos que nos ofenden», despois de que pedimos ao Pai a remisión das nosas ofensas (cf. Mt 6,12). Para perdoar unha ofensa aos demais e darlles esperanza é necesario, en efecto, que a propia vida estea chea desa mesma esperanza que chega da misericordia de Deus. A esperanza é sobreabundante na xenerosidade, non calcula, non esixe contas aos debedores, non se preocupa da propia ganancia, senón que ten como punto de mira un só fin: levantar ao que está caído, vendar os corazóns feridos, liberar de toda forma de escravitude.


11. Ao comezo deste ano de graza, quero, por tanto, suxerir tres accións que poidan restaurar a dignidade na vida de poboacións enteiras e volver polas en camiño sobre a vía da esperanza, para que se supere a crise da débeda e todos poidan volver recoñecerse debedores perdoados. Sobre todo, retomo o chamamento lanzado por san Xoán Paulo II con ocasión do Xubileu do ano 2000, de pensar «nunha notable redución, se non nunha total condonación, da débeda internacional, que grava sobre o destino de moitas nacións» [17]. Que, recoñecendo a débeda ecolóxica, os países máis ricos se sentan chamados a facer o posible para condonar as débedas deses países que non están en condicións de devolver o que deben. Certamente, para que non se trate dun acto illado de beneficencia, que leve a correr o risco de desencadear novamente un círculo vicioso de financiamento-débeda, é necesario, ao mesmo tempo, o desenvolvemento dunha nova arquitectura financeira, que leve á creación dun Documento financeiro global, fundado na solidariedade e a harmonía entre os pobos. Ademais, pido un compromiso firme para promover o respecto da dignidade da vida humana, desde a concepción até a morte natural, para que toda persoa poida amar a propia vida e mirar ao futuro con esperanza, desexando o desenvolvemento e a felicidade para si mesma e para os seus propios fillos. Sen esperanza na vida, en efecto, é difícil que xurda no corazón dos máis novos o desexo de xerar outras vidas. Aquí, en particular quero convidar unha vez máis a un xesto concreto que poida favorecer a cultura da vida. Refírome á eliminación da pena de morte en todas as nacións. Esta medida, en efecto, ademais de comprometer a inviolabilidade da vida, destrúe toda esperanza humana de perdón e de renovación [18].
Atrévome tamén a volver lanzar outro chamamento, apelándome a san Paulo VI e a Benedito XVI [19], para as novas xeracións, neste tempo marcado polas guerras: utilicemos polo menos unha porcentaxe fixa do diñeiro empregado nos armamentos para a constitución dun Fondo mundial que elimine definitivamente a fame e facilite nos países máis pobres actividades educativas tamén dirixidas a promover o desenvolvemento sustentable, contrastando o cambio climático [20]. Debemos buscar que se elimine todo pretexto que poida impulsar aos mozos a imaxinar o propio futuro sen esperanza, ou ben como unha expectativa para vingar o sangue dos seus seres queridos. O futuro é un don para superar os erros do pasado, para construír novos camiños de paz.
IV. A meta da paz 12. Aqueles que emprenderán, por medio dos xestos suxeridos, o camiño da esperanza, poderán ver cada vez máis próxima a tan anhelada meta da paz. O salmista confírmanos nesta promesa: cando «o Amor e a Verdade se atopen, a Xustiza e a Paz se abrazarán» ( Sal 85,11). Cando me desposúo da arma do préstamo e restitúo a vía da esperanza a unha irmá ou a un irmán, contribúo ao restablecemento da xustiza de Deus nesta terra e encamíñome con esta persoa cara á meta da paz. Como dicía san Xoán XXIII, a verdadeira paz só poderá nacer dun corazón desarmado da angustia e o medo da guerra [21]. 13. Que o 2025 sexa un ano no que creza a paz. Esa paz real e duradeira, que non se detén nas obxeccións dos contratos ou nas mesas de compromisos humanos [22]. Busquemos a verdadeira paz, que é dada por Deus a un corazón desarmado: un corazón que non se empecina en calcular o que é meu e o que é teu; un corazón que disipa o egoísmo na prontitude de ir ao encontro dos demais; un corazón que non dubida en recoñecerse debedor respecto de Deus e por iso está disposto a perdoar as débedas que oprimen ao próximo; un corazón que supera o desalento polo futuro coa esperanza de que toda persoa é un ben para este mundo. 14. O desarmamento do corazón é un xesto que involucra a todos, aos primeiros e aos últimos, aos pequenos e aos grandes, aos ricos e aos pobres. Ás veces, é suficiente algo sinxelo, como «un sorriso, un xesto de amizade, unha mirada fraterna, unha escoita sincera, un servizo gratuíto» [23]. Con estes pequenos-grandes xestos, achegámonos á meta da paz e alcanzarémola máis rápido; é máis, ao longo do camiño, xunto aos irmáns e irmás reunidos, descubrirémonos xa cambiados respecto de como partiramos. En efecto, a paz non se alcanza só co final da guerra, senón co inicio dun mundo novo, un mundo no que nos descubrimos diferentes, máis unidos e máis irmáns do que imaxinaramos. 15. Concédenos a túa paz, Señor! Esta é a oración que elevo a Deus, mentres envío os meus mellores desexos para o ano novo aos xefes de estado e de goberno, aos responsables das organizacións internacionais, aos líderes das diversas relixións, a todas as persoas de boa vontade. Perdoa as nosas ofensas, Señor, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido,
e neste círculo de perdón concédenos a túa paz, esa paz que só Ti podes dar a quen se deixa desarmar o corazón, a quen con esperanza quere remitir as débedas dos propios irmáns, a quen sen temor confesa de ser o teu debedor, a quen non permanece xordo ao berro dos máis pobres. Vaticano, 8 de decembro de 2024 FRANCISCO



[1] Spes non confundit. Bula de convocación del Jubileo Ordinario del Año 2025 (9 mayo 2024), 8.

[2] Cf. S. Juan Pablo II, Carta ap. Tertio millennio adveniente (10 noviembre 1994), 51.

[3] Carta enc. Sollicitudo rei socialis (30 diciembre 1987), 36.

[4] Cf. Discurso a los participantes en el Encuentro promovido por las Academias Pontificias de las Ciencias y de las Ciencias Sociales (16 mayo 2024).

[5] Cf. Exhort. ap. Laudate Deum (4 octubre 2023), 70.

[6] Cf. Spes non confundit. Bula de convocación del Jubileo Ordinario del Año 202(9 mayo 2024), 16.

[7] Homilia de avaritia, 7:  PG 31, 275.

[8] Cf. Carta enc. Laudato si’ (24 mayo 2015), 123.

[9] Cf. Catequesis (2 septiembre 2020): L’Osservatore Romano, ed. semanal en lengua española (4 septiembre 2020), p. 12.

[10] Cf. Discurso a los participantes en el Encuentro “Abordando la crisis de deuda en el Sur Global” (5 junio 2024).

[11] Cf. Discurso a la Conferencia de las Partes en la Convención Marco de las Naciones Unidas sobre el Cambio Climático ― COP 28 (2 diciembre 2023).

[12] Cf. Discurso a los participantes en el Encuentro “Abordando la crisis de deuda en el Sur Global” (5 junio 2024).

[13] Cf. Spes non confundit. Bula de convocación del Jubileo Ordinario del Año 2025 (9 mayo 2024), 16.

[14] Carta enc. Fratelli tutti (3 octubre 2020), 35.

[15] Cf. Spes non confundit. Bula de convocación del Jubileo Ordinario del Año 2025 (9 mayo 2024), 23.

[16] Discurso X (Tercera colección),  Oración, 100-101:  CSCO 638, 115. San Agustín incluso llega a afirmar que Dios no deja de hacerse deudor del hombre: «Porque aunque “tu misericordia es infinita”, tienes a bien hacerte deudor con promesas de aquellos mismos a quienes tú perdonas todas sus deudas» (cf.  Confesiones, 5,9,17:  PL 32, 714).

[17]  Carta ap. Tertio millennio adveniente (10 noviembre 1994), 51.

[18] Cf. Spes non confundit. Bula de convocación del Jubileo Ordinario del Año 2025 (9 mayo 2024), 10.

[19] Cf. S. Pablo VI, Carta enc. Populorum progressio (26 marzo 1967), 51; Benedicto XVI, Discurso al Cuerpo Diplomático acreditado ante la Santa Sede (9 enero 2006); Íd., Exhort. ap. postsin. Sacramentum caritatis (22 febrero 2007), 90.

[20] Cf. Carta enc. Fratelli tutti (3 octubre 2020), 262; Discurso al Cuerpo Diplomático acreditado ante la Santa Sede (8 enero 2024); Discurso a la Conferencia de las Partes en la Convención Marco de las Naciones Unidas sobre el Cambio Climático ― COP 28 (2 diciembre 2023).

[21] Cf. Carta enc. Pacem in terris (11 abril 1963), 113.

[22] Cf. Conmemoración en el décimo aniversario de la “Invocación a la paz en Tierra Santa” (7 junio 2024).

[23] Spes non confundit. Bula de convocación del Jubileo Ordinario del Año 2025 (9 mayo 2024), 18.

 

Comentarios

Publicacións populares