Domingo 10 de Ordinario B
PRIMERA Xen 3, 9-15
Poñerei hostilidade entre a túa descendencia e a da muller
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
Despois de que o home
comeu da árbore, Deus chamou por el, preguntándolle: -"¿Onde
estás?" 10Respondeu o home: -"Oínte no xardín, e
tiven medo. O verme espido,
agacheime".
11Preguntoulle o Señor Deus: -"¿Quen che dixo que
estabas espido? ¿É que comiches da
árbore da que che prohibira comer?"
12Respondeulle o home: -"A muller que me deches por
compañeira ofreceume do froito, e
comín".
13O Señor Deus díxolle á muller: -"¿Qué é o que
fixeches?" E a muller respondeu: -"A
serpe enganoume, e comín". 14Entón o Señor Deus díxolle
á serpe: -"Porque fixeches isto,
maldita sexas entre os animais e as feras todas do monte.
Andarás arrastrada e comerás po
toda a túa vida. 15Poño hostilidade entre ti e a muller,
entre a túa liñaxe e a dela. Ti
tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a
cabeza".
SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-2. 3-4ab. 4c-6. 7-8
R/ (7): No Señor está o amor
e a redención cumprida.
Desde os abismos chámote, Señor;
2escoita, Señor, a miña voz.
Ten atentos os oídos
ó clamor da miña súplica.
3Se ti levas conta dos pecados,
¿quen, Señor, se terá en pé?
4Mais en ti está o perdón,
para te faceres respectar.
5Eu espero no Señor, a miña alma espera;
eu confío na súa palabra.
6A miña alma vólvese ó Señor,
máis do que os vixías á aurora.
Se os vixías esperan a aurora,
7que Israel espere ó
Señor,
pois no Señor está o amor
e a redención cumprida.
8El é quen redime a Israel
de tódolos pecados.
SEGUNDA 2 Cor 4, 13 -
5, 1
Cremos, por iso falamos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
13Mantendo o mesmo espírito de fe, segundo o que está
escrito creo e por iso falo, tamén
nós cremos e por iso falamos. 14Porque sabemos que Aquel que
resucitou a Xesús nos ha
resucitar tamén a nós con Xesús e nos ha colocar convosco
onda el. 15Todo isto acontece
por causa vosa, de modo que, ó estenderse a gracia, se
multiplique o número dos
agradecidos, para gloria de Deus.
16Por iso non nos apoucamos: aínda que o noso exterior vai
esmorecendo, o interior, todo
o contrario: renóvase de días a días. 17Os sufrimentos
transitorios e leves prepárannos
unha inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida.
18Non poñémo-las nosas
olladas nas cousas que se ven, senón nas que non se ven;
porque as que se ven son
efémeras, mentres que as que non se ven son eternas.
5 1Sabemos que, se a nosa morada terrestre -que vén ser coma
unha cabana-, se derrubase,
contamos cunha edificación de Deus, unha casa eterna no ceo,
non feita por mans de
homes.
ALELUIA Xn 12, 31b-32
Agora vai ser expulsado o príncipe deste mundo, di o Señor;
e eu, cando sexa levantado da terra,
atraerei a todos a min.
EVANXEO Mc 3, 20-35
Satán ten fin
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
20Foi Xesús cos seus discípulos para a casa; alí xuntouse de
novo tanta xente, que nin
podían comer. 21E cando o souberon os seus parentes, foron
buscalo á forza; porque a
xente dicía que perdera o sentido.
22Os letrados que baixaran de Xerusalén, dicían: "ten
dentro a Belcebú; bota fóra os
demonios co poder do príncipe dos demonios". 23El
chamou por eles e púxolles estas
comparanzas:
-¿Como pode Satanás botar a Satanás? 24Se un reino está
dividido en contra de si mesmo,
non se pode manter en pé. 25Se unha casa está dividida en
contra de si mesma, non pode
subsistir. 26Así que, se Satanás está dividido e loita
contra si mesmo, non pode subsistir e
está perdido.
27Ninguén pode entrar na casa dun home forte, e roubarlle
canto ten, se primeiro non o
amarra; só entón poderá arramplar con canto hai na casa.
28Tede por seguro que todo se lles perdoará ós homes, os
pecados e cantas blasfemias
digan; 29pero a quen basfeme contra o Espírito Santo, nunca
se lle perdoará, e cargará
eternamente co seu pecado.
30Isto dicíao porque eles acusábano de que tiña dentro un
espírito malo.
31Nisto chegan súa nai e mailos seus irmáns, e mandárono
chamar desde fóra. 32Era moita
a xente que estaba sentada arredor del, e fóronlle dicir:
-Aí fóra están túa nai e mais teus irmáns, que te veñen
buscar.
33El respondeu:
-¿Quen é miña nai, e quen son meus irmáns?
34E mirando os que estaban sentados arredor del, dixo:
-Velaí a miña nai e mailos meus irmáns: 35pois o que cumpra
a vontade de Deus, ese é o
meu irmán, a miña irmá e miña nai.
Comentarios
Publicar un comentario