BENAVENTURANZAS DO CATEQUISTA


Benaventuranzas do catequista
(segundo o papa Francisco)

1. Benaventurados os catequistas que meditan e rumian a Palabra de Deus, que cren no Evanxeo de verdade, non destilado, e axudan a que outros crean tamén nel, que fan que a doutrina se faga mensaxe e a mensaxe vida, que non baleiran o seu contido, pero tampouco o reducen a simples ideas, ancorados soamente en formulación de verdades e preceptos, sen tenrura, sen capacidade de encontro.

2. Benaventurados os catequistas que non teñen medo ás periferias, que saen das súas casas e das súas cascas eclesiais, das sancristías e secretarías parroquiais, para saír á rúa, a golpear portas, a anunciar que Xesús vive, non só falando del, senón facéndoo ver nas súas vidas, presente no medio do seu pobo.

3. Benaventurados os catequistas que priman o ser catequistas ao dar catequese, que queren ser testemuñas antes que mestres, e que queren ser testemuñas en cadea e non testemuñas de si mesmos, e cuxa única autoridade consiste, como na do Mestre, en nutrir e facer crecer.

4. Benaventurados os catequistas que celebran o que ensinan, que custodian o día do Señor, que se nutren da eucaristía, que non deixan que a alma se engurre, e que sendo tamén "homes de silencio", saben adorar e que ensinan a adorar.

5. Benaventurados os catequistas que abrazan a súa fraxilidade, e que na súa vulnerabilidade son capaces de conmoverse, compadecerse e deterse, que están preto dos que sofren coa "pedagoxía da presenza", e que non se adoitan xamais aos rostros de tantos nenos que non coñecen a Xesús, aos rostros de tantos mozos que deambulan pola vida sen sentido, aos rostros de multitude de excluídos que, coas súas familias e anciáns, loitan para ser comunidade, e cuxo paso cotián pola cidade dóelles e interpela.

6. Benaventurados os catequistas que son pedagogos da comunicación, que se deixan desinstalar para aferrarse ao xa adquirido, abertos ás novos cruces dos camiños nos que a fidelidade nunca é repetición, senón que adquire o nome de creatividade.

7. Benaventurados os catequistas que saben mirar coa mirada amorosa, respectuosa e sanadora do Mestre, ante o espectáculo sombrío da omnipotencia manipuladora dos medios, do paso prepotente e irrespetuoso de quen como gurúes do pensamento único, aínda desde os despachos oficiais, quérennos facer claudicar na defensa da dignidade da persoa, contaxiándonos unha incapacidade de amar.

8. Benaventurados os catequistas que desempeñan a diaconía da tenrura e do acompañamento, e a pedagoxía do diálogo; que saben escoitar, compartir preguntas e procuras, que saben auscultar os interrogantes, as dúbidas, os sufrimentos e esperanzas dos nosos irmáns, a quen toca non só acompañar senón recoñecer como acompañantes e guías no camiño.





Comentarios

Publicacións populares