DOMINGO CRISTO REI - ORDINARIO C
+ Enlace orixinal Oracional iVoox
XESÚS CRISTO REI DO UNIVERSO
23 novembro 2025
Coa
celebración de Xesús Cristo Rei do Universo finaliza o ano litúrxico. No próximo
domingo comeza, co tempo de Advento, o novo ano litúrxico.Remata así o tempo
eclesial cunha festa englobante, universalizadora: Xesús como rei de toda unha
creación inabarcábel da quetodos e cada un formamos parte. No grande, alén das
galaxias das que ata agora temos noticia. No pequeno, nas incribles pequenas
estruturas que nos van descubrindo pouco a pouco os investigadores. Pois ben, Deus
é infinito ou super-infinito a tódolos niveis, non ten límite algún na súa
grandeza, no seu poder, na súa bondade. Así que resulta lóxico que o universo
participe tamén dalgunha maneira da grandeza do seu Creador. Sobre todo tendo
en conta que o Deus Pai tiña desde sempre o proxecto de que o seu Fillo se
convertería nun de nós nun momento concreto da historia humana. Podemos dicir,
xa que logo, que o “reino” do que Xesús sería rei non podía ser cousa cativa ou
modesta.Como, se non, podería dicir o apóstolo Paulo na súa carta aos
Colosenses que o “Fillo benquerido” de Deus “é imaxe do Deus invisible”?. Se
iso é así, o “pisiño” no que habitamos, é dicir, o universo enteiro, asemellarase
seguramente á grandeza infinita do seu creador.Por iso esta festividade vén
dicirnos que Cristo Xesúsé verdadeiramente Rei. En momentos cruciais da súa
vida, preto xa da súa inxusta e violenta morte, responderalle a Pilato: “Eu son
Rei”. Este será xustamente o título do letreiro sobre a cruz na que foi
crucificado: “Xesús Nazareno, rei dos xudeus”. Título que se converterá coa súa
resurrección en universal: Xesús rei, non só dos xudeus, senón de toda a
humanidade, de todo o universo.
Naturalmente,
tal realeza é moi distinta das humanas realezas. De aquí que a el non lle
compracese que, aínda séndoo en realidade, o considerasen rei ou o tratasen
como tal, fuxindo de calquera intento das xentes de o proclamaren rei,
anunciando, en troques, unha mensaxe de fraternidade universal, alicerzada non
no poder, senón no servizo. Velaí as súas palabras: “Sabedes que os que figuran
como xefes das nacións as asoballan e lles impoñen a súa autoridade. Non ha ser
así entre vós. Ao contrario, entre vós o que queira facerse grande ha ser o
voso servidor e o que queira ser primeiro ha ser servo de todos; porque
tampouco o Fillo do Home veu para que o sirvan, senón para servir e dar a súa
vida en rescate por todos”.Debido a isto e de maneira axeitada, a liturxia aludehoxe
a unha coñecida pasaxe de Mateo sobre o xuízo final,. Precisariamos moitas
vidas para chegarmos a comprendela na súa radicalidade. Dísenos nela que a lei
sobre a que se baseará o xuízo definitivo sobre a nosa relación con Deus, é
dicir, sobre a nosa relixiosidade, non vai ser esta en canto tal, senón a nosa
humanidade, o noso “servizo” aos demais. Xulgarásenos, efectivamente,sobre a
nosa semellanza co seu modo de ser e co seu comportamento.
Mais
non se trata só de cumprirmos cun mandato xeral ou abstracto, senón de que el,
polo feito mesmo de se ter encarnado, veu identificarse en certo modo con todos.
Ao el se identificar así con todos, fomos en certo modo divinizados,
convertidos pola graza de Deus en fillos de Deus. De aquí a incríbel e inmensa
dignidade nosa. Calquera pobre, emigrante, enfermo, preso etc. ten a mesma, se
non maior, dignidade ca os que non están en tal situación. Porque son
xustamente eles e non outrosos que máis precisan da nosa atención, dos nosos
coidados.Só así comprenderemos por que Xesús considera estas persoas
comoidentificadas con el mesmo: “tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e
déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme; estiven en coiro e
vestístesme; enfermo e visitástesme; na cadea e viñéstesme ver”.
É
ben posíbel que haxa persoas que realicen obras de amor e misericordia sen elas
saberen que elestá presente nos presos, nos marxinadosetc. Mais pouco importa tal
ignorancia se elas se deixan levar polo que lles pide o corazón. A eles
responderalles coas palabras do texto de Mateo: “Canto fixestes cun destes
irmáns meus máis pequenos, fixéstelo comigo”.E hai necesidades físicas e tamén
morais e afectivas. No evanxeo fálasenos de ámbalas dúas. Xesús practicou este
tipo de consolo moral e afectivo ata o último intre da súa vida. Cando un dos
seus compañeiros de tortura lle di “Lémbrate de min cando chegues ao teu reino” apresurarase acontestarlle: “Hoxe estarás comigo
no Paraíso”.
Manuel Cabada Castro
[Manuel Cabada Castro, Boa nova para tempos novos. Comentarios velaíños
aos evanxeos dominicais. Vigo, SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e
Traballos)-As Edicións do Adro). Ciclos A, B e C. Tres tomos (2024-2025).
Distribución: Editorial Galaxia]



Comentarios
Publicar un comentario