A través da FERE chegounos notificación das películas seleccionadas este ano. Esta é a programación da III Semana de Cine Espiritual de Galicia.
As películas seleccionadas son as seguintes:
· 3º a 6º de Primaria: “El secreto del libro de Kells”
Brendan, un novo monxe de 12 anos, vive nunha remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século IX. Cos outros irmáns axuda a construír unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Pero unha nova vida de aventuras preséntase ante el cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de terminalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no bosque, habitado por todo tipo de criaturas...
· 1º, 2º e 3º ESO: “The way” (referencia ao Camiño de Santiago)
Tom Avery (Martin Sheen) é un reputado oftalmólogo que vive en California. Un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel (Emilio Estevez) faleceu nun temporal nos Pireneos. A pesar de que a relación con el nunca foi moi boa por ter unha visión oposta da vida, Tom está abatido e viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo. Alí descobre que Daniel comezaba a facer o Camiño de Santiago e decide facelo por el.
· 4º Eso, Bach e Módulos: “El discurso del Rey”
Á morte do seu pai, o rei George V (Michael Gambon), e tras a escandalosa abdicación do rei Edward VIII (Guy Pearce), Bertie (Colin Firth), afectado desde sempre dun angustioso tartamudeo, ascende de súpeto ao trono como George VI de Inglaterra. O seu país atópase ao bordo da guerra e necesita desesperadamente un líder, polo que a súa esposa Elisabeth (Helena Bonham Carter), a futura reina nai, ponlle en contacto cun excéntrico logopeda chamado Lionel Logue (Geoffrey Rush). A pesar do choque inicial, os dous mergúllanse de cheo nunha terapia pouco ortodoxa que lles levará a establecer un vínculo inquebrantable. Co apoio de Logue, a súa familia, o seu goberno e Winston Churchill (Timothy Spall), o rei supera a súa afección e pronuncia un discurso radiofónico que inspirará ao seu pobo e unirao na batalla.
Proxectaranse na semana do 27 de febreiro ao 9 de marzo. Esperamos poder indicar en breve as datas e os horarios en cada cidade, a información sobre cada película e a ficha de inscrición.
Comentarios
Publicar un comentario