XLVI Romaxe de Irimia

 


A LIMIA SERÁ O LUGAR DA 46 EDICIÓN DA ROMAXE 
 ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN IRIMIA 

Este sábado 14 célebrase a Romaxe en Lodoselo (Sarreaus), tendo moi presente o vínculo entre o coidado da persoas e da terra.

 

·         O sábado 14 de setembro a Asociación Irimia organiza a XLVI Romaxe de crentes galegas e galegos.

·         Será na Limia, entre ás 11h e ás 18h, no campo da Lama de Lodoselo.

·         Cada edición conta cun lema, este ano na 46 edición o lema é “A TERRA QUER COIDADOS”.

·         A Romaxe terá lugar moi preto do Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo (CDR O Viso). O CDR O Viso, xunto con moita outra xente boa xenerosa, é un apoio fundamental para poder organizar esta edición.

·         Neste espazo tamén se acollen e apoian distintas asociacións e colectivos que reivindican as súas causas.

 

NOVA EDICIÓN: ROMAXE 2024

 

O programa comezará ás 11.00 cunha acollida e petiscos. Ao mediodía, 12h, será a celebración acompañada pola música do grupo A Quella. Logo habera un xantar compartido, animando a sobremesa cunha foliada e distintas actuacións musicais, ata que ás 18.00 sexa a clausura do acto.

 

A organización recorda que se o tempo non é favorable, os actos serán no pavillón polideportivo.

 

Dende a primeira Romaxe de crentes galegas e galegos, Irimia sempre reivindicou e denunciou as situacións sociais que se dan no país, así como apoiou e puxo en valor as pingas de choiva que en cada lugar coidan da Terra. Este ano quere facer fincapé nun pensamento coidadoso: non decidir nunca polos demais. A comunidade ao servizo da comunidade. Apoiando iniciativas de axuda mutua entre a veciñanza. O coidarme, coidarte, coidarnos como xeito de ser e estar no noso medio.

 

A primeira Romaxe naceu a carón do Pedregal de Irimia, e foi percorrendo diferentes lugares de Galicia. Dende entón, a Asociación Irimia camiña participando en iniciativas a prol do noso país, así como editando unha revista dispoñible online (www.irimia.gal). A Romaxe de Crentes Galegos reúne cada ano a centos de persoas nunha singular romaría itinerante.

 

Únete a nós e convida a túa contorna!


Comentarios

Publicacións populares