ORACIÓNS SEMANAS DE ADVENTO 2023 - CICLO B
1. ADORA E CONFÍA
Semana 1 de Advento B:
https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/semana-1/
LUNS: Mt 8, 5-11 - Chegarán moitos de oriente e occidente para entrar no reino dos ceos
MARTES: Lc 10, 21-24 - Exulta Xesús co gozo do Espírito Santo
MÉRCORES: Mt 15, 29-37- Xesús sana a moitos e multiplica os pans
XOVES: Mt 7, 21. 24-27 - Quen fai a vontade do Pai entrará no reino dos ceos
VENRES: Mt 9, 27-31 - Por creren en Xesús dous cegos son curados
SÁBADO: Mt 9, 35 - 10, 1. 6-8 - Vendo á xente, tivo compaixón dela
2. NA TÚA PRESENZA,
ABRO A MIÑA VIDA Á ESPERANZA...
Semana 2 de Advento B:
https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/semana-2/
LUNS: Lc 5, 17-26 - Hoxe vimos marabillas
MARTES: Mt 18, 12-14 - Deus non quere a perdición dos humildes
MÉRCORES: Mt 11, 28-30 - Achegádevos a min tódolos que traballades
XOVES: Mt 11, 11-15 - Non naceu ninguén máis grande ca Xoán Bautista
VENRES: Mt 11, 16-19 - Nin escoitan a Xoán nin ó Fillo do home
SÁBADO: Mt 17, 10-13 - Elías xa veu e non o coñeceron
3. TEMPO DE ADVENTO
Tempo de Advento,
Tempo de espera.
Deus que se achega,
Deus que xa chega.
Esperanza do pobo,
a vida nova.
O Reino nace,
don e tarefa.
Cantámosche Pai bo
á esperanza.
Con María, axúdanos Señor,
a vivir xenerosos na entrega,
a ofrecer a nosa vida como ela,
a escoitar a túa Palabra en todo tempo,
a practicar sen descanso o Evanxeo,
axúdanos a vivir solidarios cos que sofren,
con quen hoxe como onte
en Belén non teñen lugar.
Cantámosche Pai Bo á esperanza.
Cos pastores de Belén,
axúdanos, Señor, a vivir a Vixilia do teu Reino,
a correr presurosos ao teu encontro,
a descubrir o teu Rostro no medio do pobo,
a non quedarnos "durmidos"
na construción do mundo novo.
Cantámosche Pai Bo á esperanza.
Cos anxos de Belén,
axúdanos Señor, a cantar ao mundo enteiro
a túa Presenza, Deus-está-con-nós !
Construamos a paz entre os homes,
edifiquemos a Xustiza entre os pobos.
Cantámosche Pai Bo
á esperanza.
Con Xesús neno-Deus,
axudanos, Señor,
a abrigar a esperanza que nace en cada Advento,
a escoitar os clamores do teu pobo,
a regar coas nosas vidas a semente do teu Reino,
a ser Mensaxeiros do teu Amor,
a construír comunidades de servizo e oración.
Nadal, festa do home.
Nadal, festa de Deus.
Queremos ser as túas Testemuñas,
dános a forza Señor.
Marcelo A. Murúa
Semana 3 de Advento B:
https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/semana-3/
LUNS: Mt 21, 23-27 - De onde era o bautismo de Xoán?
MARTES: Mt 21, 28-32 - Veu Xoán e os pecadores creron nel
MÉRCORES: Lc 7, 19-23 - Comunicádelle a Xoán conto vistes e ouistes
XOVES: Lc 7, 24-30 - Xoán é o mensaxeiro que prepara o camiño do Señor
VENRES: Xn 5, 33-36 - Xoán é un facho que arde e aluma
4. MIRADE...
Mirade as estrelas refulxentes brillar,
as súas luces anuncian que Deus aí está,
a noite en silencio,
a noite na súa paz,
murmura esperanzas cumpríndose xa.
Os anxos santos, que veñen e van,
preparan camiños por onde virá
o Fillo do Pai, o Verbo eternal,
ao mundo do home en carne mortal.
Abride vosas portas, cidades de paz,
que o rei da gloria xa pronto virá;
abride corazóns, irmáns,
cantade que a vosa esperanza cumprida será.
Os xustos sabían que a fame de Deus
viría colmala o Deus do Amor,
a súa Vida na súa vida,
o seu Amor no seu amor
serían un día a súa graza e o seu don.
Ven pronto, Mesías, ven pronto, Señor,
os homes irmáns esperan a túa voz,
a túa luz, a túa mirada, a túa vida, o teu amor.
Ven pronto, Mesías,
ser Deus Salvador.
Semana 4 de Advento B (Feiras):
https://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/lecturas-semanais/advento/feiras-17-24-decembro/
17 dec: Mt 1, 1-17 - Xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David
18 dec: Mt 1, 18-24 - Xesús nacerá de María, desposada con Xosé, fillo de David
19 dec: Lc 1, 5-25 - O nacemento de Xoán Bautista é anunciado por Gabriel
20 dec: Lc 1, 26-38 - Velaí que concebirás e parirás un fillo
21 dec: Lc 1, 39-45 - Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor?
22 dec: Lc 1, 46-56 - Fixo en min marabillas o poderoso
23 dec: Lc 1, 57-66 - Nacemento de Xoán Bautista
Comentarios
Publicar un comentario