SEGUIMOS EN ESPERA

Xa sei que a cousa estase demorando, pero eu sigo intentando levar adiante o da páxina web, pero como non son desta xeración véxome, como tantos, facendo o que podo coa informática. Teño case todo listo pero aínda me faltan respostas a contactos e aclaracións a cuestións das que non me mandan resposta (non sei para que poñen correos nas páxinas web, se logo non mandan respostas. Pero, de verdade que sigo niso...)



Por outra banda, xa sabedes que a maioría das cancións que aparecerán na web están editadas hai moito tempo no Cantoral Litúrxico Galego, o que pasa é que xa sabedes que hoxe en día o que non está en internet non existe, polo que inda que hai máis de 300 cancións en galego a xente non as coñece nin as canta. Contactéi con algún dos autores desta música e todo son facilidades, sen embargo creo que é urxente que poñamos acordes de guitarra ós cantos, porque se non nunca chegarán ós coros parroquiais. É importante que a sente sinta como súa a música litúrxica, e iso só sucede se o pobo canta, non só o coro... sempre, primeiro, o corazón
Bicos e apertas.

P.D. Por certo... por máis que busquéi nas editoriais de Galicia non atopei outros libros de texto de Relixión en galego que os de Rodeira, non tiven contacto directo con eles e non sei que tal están. Os que xa sabedes deles poderiades facer algún comentario. Iso si, non deixa de chamarme a atención que os nenos que falan cos pais en galego, sobre todo no rural, non falen co Pai tamén en galego.

 

 

 


Comentarios

Publicacións populares