MÁIS ORACIÓNS

A medida que continúo na profundización do blogue e da páxina web vou vendo canto queda por facer. Acabo de rematar a tradución do catecismo abreviado e estaba facendo tarxetas coas oracións principais de uso cotián, e resulta que me decatéi de que non sei o Ave María en galego nin sei como atopalo. Non hai nada disto en internet, así que fixen unha aproximación entre o castelán e o portugués... pero non sei se é o "legal", -espero que sirva de algo-.  


Cada día iréi engadindo algo. pero todo estará na páxina web -do mesmo nome que o blogue-, que continúa á espera dos enlaces cos bispados e a Conferencia Episcopal (tampouco hai lecturas dominicais en galego se non son as da Conferencia Episcopal, e están bastante incompletas).
Unha aperta.



Ave María, chea de gracia.
 O Señor é contigo
Bendita ti es entre tódalas mulleres 
e  bendito é o froito do teu ventre, Xesús.
Santa María, Nai de Deus, 
prega por nós, pecadores, 
agora e na hora da nosa morte. Amén






  

  

  

Comentarios

  1. Creo que Anaya tamén ten, ainda que sospeito que se usan pouco.
    Raquel

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares