Epifanía do Señor
Oracional Galego en Spotify + Enlace orixinal Oracional iVoox LECTURAS DO DÍA LECTIO: EPIFANÍA DO SEÑOR 6.I.2026 A escena que tradicionalmente se nos pon á vista na festividade da Epifanía do Señor ten que ver con reis, estrelas e coa alegría dos agasallos de ouro, incenso e mirra que os reis magos lle ofrecen ó Neno Xesús.Eran seguidores dunha estrela da que Mateo nos di que lles daba luz na súa busca da Verdade e da Vida. A busca concretaríase no encontro agarimoso con Xesús, o Emmanuel, o “Deus connosco”. Os Reis veñen ser así símbolo bendito de cantos -humildes ou poderosos- se poñen en camiño para ofreceren os seus dons e o seu agarimo a pobres e necesitados do mundo, representados na pobreza de Xesús e de seus pais. Pois ben sabemos ben que é neles -nos pobres- onde Deus se atopa a gusto e onde el quere que aprendamos a atopalo. É unha lección que non nos resulta doado aprender. No Neno Xesús i...



