Teatro de Nadal 4
A
NOITE DA LUZ
Pode facerse o domingo IV de Advento
ou na vixilia de Nadal.
Os nomes dos personaxes poden ser distintos.
(A igrexa a escuras. Desde o fondo da mesma
ou desde o coro, escóitase o seguinte)
VOZ 1: Na escuridade dos nosos medos e desgrazas, xorde unha
brillante esperanza... Na sombra das soidades e miserias, nace unha fogueira de
tenrura... Nas tebras da violencia e da morte, crece a claridade dunha alegre
nova...
(Vanse acendendo as luces do fondo
da igrexa)
VOZ 2: Hoxe, na noite do mundo, préndese a luz de Deus. É
Nadal! Hoxe, a noite é máis clara que o día. Deus faise neno. É a noite da luz:
É Nadal!
(Máxima
luz. Música de Haëndel e aplausos ... ao acender as luces da igrexa, xa se ve
totalmente o Belén que está situado no centro do presbiterio, así como o
decorado... A ámbolos lados do Portal están situados 3 personaxes negros cuns
carteis, nos que se pode ler: EGOÍSMO, ODIO, SOIDADE. Deixa de soar a música ao
saír a Voz 3) (Sae a Voz 3 do corredor da sancristía e dirixíndose ó público,
recita...)
VOZ 3: ¡Alegría na terra! É a nosa noite. Brillou a
luz.
(Sae
da sancristía un personaxe branco cun cartel no que se le a palabra DARSE, e,
dirixíndose
ó público, di)
VOZ 4: Acabouse a noite do egoísmo. Deus vén para darse a
todos!
(0
público repite: Deus vén para darse a todos.
‑Un
grupo de maiores, previamente ensaiados, poden provocar esta voz)
(Á vez o personaxe branco pega enriba
do cartel que di egoísmo o seu cartel – darse ‑, e colócase a carón do
personaxe negro e ergue ben en alto o cartel).
(Sae
outro personaxe branco con outro cartel que di PAZ e fai o mesmo có anterior...
VOZ 5: Acabouse a noite do odio. Deus vén para
sementar a paz!
(0
público volve repetir: Deus vén para sementar a paz!)
(Sae
outro personaxe branco con outro cartel que di AMOR e fai o mesmo...)
VOZ 6: Acabouse
a noite da soidade: Deus vén para axuntarnos a todos ao redor do gran lume do seu
amor.
(Soa
un pouco de música de fondo ... que pouco a pouco se va facendo máis suave ...)
VOZ 3: No teñades xa medo: Rematou a noite! É Nadal! Xesús naceu esta noite! Vinde
todos desde as aldeas, as vilas e as cidades, achegádevos todos!
(Saen
os nenos vestidos do que cada un poida: pastores, nenos, señores, señoras ... )
VOZ 3: Mirade qué gran resplandor neste pequeno
presebe: É a luz de Deus!
Neste pequeno Neno que nos naceu, neste meniño que se nos deu, atópase o rostro agarimoso de Deus sorrindo a todos os habitantes do
mundo.
(Desde o fondo volve soar a Voz 1 e
di)
VOZ 1: Os Reis captan o sinal da luz. Veñen de lonxe, contemplan con admiración a Aquel
que tanto esperaron.
(Os
tres Reis saen: cada un dun lugar diferente e xúntanse diante do portal, perante o que se prostran ... )
VOZ 1: Son estranxeiros, non son do lugar. O seu país está lonxe, a súa patria
non é a de Xesús.
(Soa un pouco de música de fondo
que logo se vai baixando. . . e tamén desde o fondo soa a Voz 2, e a la vez saen
do corredor da sancristía un indio, un chinés, un negro, personaxes de varias razas, e personaxes
mal vestidos, con cadeas ... )
VOZ 2: Cando Deus ofrece a súa luz, ofrécea sen pedir o pasaporte, sen mirar a cor da pel, sen
xulgar a calidade dos vestidos.
Xesús, a luz de Deus, vén
para aledar e brillar no corazón de tódolos homes e mulleres.
(Soa
a música que se vai facendo cada vez máis suave, e do corredor da sancristía
van saíndo os nenos que fixeron a primeira comuñón este
año, de un en un, e mirando ó presebe, van
dicíndolle ao
Neno unhas frases, neste caso son 6, se son máis, pódense inventar outras
frases)
VOZ 7: Ti
o Neno, deitadiño no presebe, desde sempre es a Luz Deus que enche de alegría a todos
os que permanecen na noite da desgraza.
VOZ 8: Ti, o Neno aclamado polos anxos, desde sempre
es a Palabra de Deus que trae a Boa Nova aos
que teñen fame de respecto e de xustiza.
VOZ 9: Ti, o Neno atopado polos pastores dentro dun alpendre, desde sempre es a esperanza
de Deus que devolve a dignidade aos marxinados e a todos os
pobres.
VOZ 4: Ti, o Neno arrolado por María, es o Fillo de
Deus que ven a este mundo para ser o irmán de todos
os habitantes da terra e para estar con eles e
ensinarlles o camiño da vida.
VOZ 10: Ti, o Neno buscado polos Magos, desde sempre es
o signo de amor ofrecido polo Pai a todos
os seus fillos que viven sobre a faciana da terra.
VOZ 11: Aquí nos tes ante ti, Meniño Xesús, pois
queremos adorarte.
Comentarios
Publicar un comentario