Teatro de Nadal 2

 “ÉRASE UN PASTOR COAS MANS BALEIRAS”

Esta representación está pensada para aqueles sitios onde se celebre a actividade de "sementadores de estrellas” pero pode utilizarse, con algunhas leves adaptacións, en cualquera outra circunstancia de Nadal.
Ao comezar a representación hai un belén vivente no fondo da escena, coa Sagrada Familia, os Reís, Magos e dous pastores polo menos, en actitude de adoración, aqueles algo retirados aos lados, para que se vexa a María, Xosé e o Neno. No primeiro plano, á dereita, un pastor pequeno e triste que non ten nada que ver cos personaxes do portal.


Voz en off : ¡Atención, queridos amigos!
Teño una petición urxente que facervos: hai un pequeno pastor de Belén que ten problemas. É un pastoriño novo, sen gando propio para poder falar con autoridade ante os seus companeiros pastores e sen apoios abondo para que o teñan en conta.
Así que, cando recibiu a boa nova do nacemento de Xesús non puido levar ao portal unhas cuncas de leite, nin un año do seu gando e tampouco ten agora ningunha frauta, pandeireta ou gaita para tocarlle ao Neno. Aí o tedes no escenario. ¿Que vos parece?

Pastor: (nunha esquina e triste):
Que fago eu agora? Non me podo presentar no portal coas miñas man baleiras. Todos levan algo e eu    non teñlo nada.
(Entran un neno e una nena dos que reparten estrelas e miran de lonxe)
Nena: Mira que pastor tan triste. Ten que pasarlle algo serio.
Neno: Non pode ser. En Nadal todos os pastores andan felices. Son os únicos invitados á festa do portal. Xa lle pasará, tranquila.
Nena: Pois eu non aguanto ver unha persona así. Vou a preguntarlle. 
Neno: Quita, quita. Alá el. Non te metas en problemas. Abondo temos hoxe con repartir estrelas á xente, e ver que non todas as persoas nolas reciben igual.
Nena: Xurxo, es máis cortado que un queixo en porcións., Vas ver. (dirixíndose ao pastor) Oe, pásache algo? Esas caras tristes están prohibidas en Nadal, sabes?
Pastor: (Decatándose da presencia dos dous nenos) Anda, que susto!
   Se é un pouquiño máis grande, morro.
Nena: Mirácheste no espello? Dime, por que estás tan decaído?
Neno: Tes unha cara que dá lástima. Só che falta anunciar os teus problemas por televisión.
Pastor: Por onde?
Neno: Por televisión, rapaz, que parece que estás noutro século, home.
Pastor: Oe, e non seredes vós os que vindes doutro planeta? Falades unhas cousas que non entendo
Nena: Es un... Bo, non sei se o vas entender. Mira, vamos ao gran e dinos se podemos facer algo por axudarte.
Neno: De verdade que somos boa xente. Conta.
Pastor:Pois pásame que esta medianoite uns anxos avisaron o noso grupo de pastores que nacera o Salvador, o Mesías. Fixádevos, coa de séculos que levamos esperando. Os meus compañeiros colleron algúns regalos e saíron correndo ao portal, pero eu non teño nada. Gardo as ovellas doutros e case todo o que me dan regáloo de contado. Se ese Neno que naceu é Rei, non pode presentarse un oas mans baleiras. Así di a nosa tradición aquí en Palestina.
Neno: (abraiado, o mesmo cá nena): Pero ti es un pastor dos de verdade, dos de Belén!
Pastor:Anda este! Paréceche que son unha pintura...
Nena: Non, se xa se che nota, polo cheiro a ovella... Isto é un lío. Xa non sei nin en qué ano estamos, nin de onde saíches...
Pastor: Do curro.
Nena: Nós queremos axudarte. Ti queres levar algo ao portal de Belén. Parece que ao de verdade.
Pastor: Como ao de verdade? Hai outro?
Neno: Ti escoita e non te líes. Mira, nós levamos estrelas, ves?
Pastor: Anda, que estrelas máis brillantes!
Neno: (con impaciencia) Nós levamos estrelas para repartir á xente e dicirlles que Xesús naceu.
Pastor: Como fixeron esta noite os anxos... Sodes uns nenos raros, eh?
Nena: Pero cala, home! Podémosche regalar todas estas para que as leves como regalo teu ao portal.
Pastor: De verdade mas dades? Non queiman?
Neno: Van queimar...! Toma (a nena tamén llas dá)
Nena: Mira, non estamos seguros que poidamos chegar ao portal ao que ti vas, pero si podemos facer que estas estrelas nosas cheguen, a través de ti, ata as persoas que hai alí.
Pastor: Coñecedes a familia do portal?
Nena: Si, coñézoa.
Pastor: (ao Neno) Ti tamén a coñeces?
Neno: Si, claro.
Pastor: Anda, que sabidos!
Nena: Deixa que che prepare ben o regalo. Pon as mans ... Así... Agora un pano.., as estrelas. Parece como se nas túas mans lucisen... Que fixeches?
Neno: Desde hai un anaquiño non entendo nada, pero anda e corre, que os teus compañeiros pastores lévanche xa moita distancia. Corre, corre... (empúxano e marcha lixeiro cara ao portal vivente do fondo da escena mentres os dous nenos quedan mirando un poco e logo retíranse).
(O Pastor achégase ao portal levando as estrelas nas mans como unha ofrenda. Os reis e os pastores apártanse para deixalo entrar. María érguese e achégaselle un poco co Neno Xesús nos brazos ou deixándoo nas pallas)
María: Ven acá, meu fillo, que eu sei ben qué regalo traes.
Pastor:  (apampado) Eu, eu, eu non sabía qué traervos, Se‑señora, e uns nenos raros déronme estrelas que eu   nunca vira, preparáronmas... o pano é deles..., dixéronme que me dese présa e‑e‑e aquí estou e... E xa   está.
María:  Ti si que es un regalo, fillo. E esas estrelas dan unha luz especial, non te decatas? Desde que viñeches ao portal parece que se acabou a noite. Mira, eu tamén teño unha estrela, a mellor de todas as estrelas. Ves? É o meu fillo. Leva na terra só unhas horas.
Pastor: Estaba mirándoa a vostede, señora, e non me fixei no neno. É precioso, que feitiño! Deberías chamarlle “Luz” ou “Ceo” ou "Sol" ou algo así.
       (Empeza a soar unha panxoliña mentres o pequeno pastor colle nos seus brazos a Xesús e todos se volven cara a el)
Xosé: Chámase Xesús e xa oirás falar del máis. Como te chamas ti?
(0 neno segue coas estrelas nas mans algo erguidas, como quen presenta unha ofrenda e con elas vólvese a uns e outros e aténdeos).
Outro pastor:  (adiantándose ao das estrelas porque se supón que é compañeiro do mesmo curro, e como dándose importancia)
Chámase Ismael e garda o gando de meu pai. É un pouco distraído e, cuando lle toca vixia­lo gando pola noite, váiselle a metade do tempo ollando ao ceo.

Melchor: Non, non, este pastor é listo e está cos pés moi postos na terra e non na lúa. Sabe elixir ben e trouxo un regalo xenial. Mira, as súas mans brillan máis có ouro que levo no meu estoxo. Case me dá vergoña agora entregar eu tan pouca cousa ao lado do que regala el. Estrelas é o mellor que se pode traer ao portal.
Gaspar: Precisamente unha estrela tróuxonos ata aquí. Con tantas estrelas como trouxeches, Ismael, Xesús vai poder guiar a centos de reis e de pastores.
Baltasar: Encantaríame que, dentro de dous mil anos, nenos coma ti puidesen encherse de estrelas e saír ás rúas para darllelas á xente e recordarlles o que hoxe está ocorrendo aquí en Belén, e falarlles de Xesús, e ensinalos a vivir querendo a todos.
Pastor: Tédesme moi asustado. Nunca falei con tantos reis, e case ninguén se fía de min.
María: Para Xosé e para min tamén ti es tan importante coma un rei. Traes un regalo único, coñeces a nenos de moi lonxe, de moitos séculos de distancia, tes cara de bo, e es o pastor máis pobre do teu curro.
Xosé:  Tes razón.
María: Dáme as túas estrelas, Ismael, que son preciosas e, a cambio, déixoche ter un momentiño a Xesús que si que é a mellor estrela.
Pastor: Non se me caerá e estrago todo?
María: Non se che vai caer. Ás persoas boas Xesús non se lles escapa nunca.

                        (Empeza a soar unha panxoliña mentres o pequeno pastor colle nos seus brazos a Xesús e todos se volven cara a el).

                                                                                       FIN



 VER TAMÉN:
+ TEATRO DE NADAL



Comentarios

Publicacións populares