Amósanos, Señor, a túa misericordia, e dános a túa salvación - Salmo 84
Domingo 2 de Advento - ciclo B
NO ESPÍRITO DO NADAL
Xesús, grazas polo teu Espírito,
no que nos queres ir metendo a todos;
grazas polo teu alento de vida,
presente en tantos homes e mulleres
que aman a Deus e que aman a comunidade.
Xesús, que ese Espírito nos conduza
para prepararche ben os camiños do Nada.
Que con el ben dentro de nós
te sintamos a ti e as tú as causas
coma o mellor regalo que Deus
nos pode facer na vida.
Xesús, ti estás xa presente
cando alguén con cariño e verdade
nos axuda a descubrirnos
na nosa fraxilidade e pecado,
e nos conduce ó seo do Pai,
e nos conduce ó seo da comunidade,
e nos conduce ó seo dos máis pobres
para curamos e axudarnos
a avanzar na verdade e na xustiza.
Grazas, Xesús,
cando a través da experiencia amarga do pecado
nos achegamos máis autenticamente a ti e á xente.
Xesús, que o teu Espírito mate en nós
a fame de consumo fácil;
que nos apegue ó pobre e ao pequeno,
que abra o noso corazón á solidariedade,
que nos demostre a alegría de compartir
aínda aquilo pouco que teñamos.
Xesús, co teu Espírito sé para nós
Boa Noticia permanente das nosas vidas pequenas.
Comentarios
Publicar un comentario