Tes misericordia de todos, porque amas todo canto existe - Sab 11, 22 - 12, 2
Domingo 31 do Tpo. Ordinario - ciclo C
COMO ZAQUEO, SEÑOR,
QUERO ESTAR CONTIGO, HOXE E SEMPRE.
Quero verte, Señor,
a pesar de todo o que mo impide.
a pesar dos meus orgullos e abusos
a pesar da desgana que hai, ás veces, na miña vida.
Quero verte, Señor, cando pasas xunto a min,
no rostro do irmán ou da irmá que atopo pola rúa,
na figura do veciño que ata onte tiña traballo,
na vida deste raparigo que tanto me preocupa,
no compromiso convencido dos meus irmáns da misa dunha?
Cando pasas xunto a min na vida,
eu quero verche e escoitarche, o meu Deus.
Por iso pídoche, Señor, que non pases de longo
que me resulta difícil chegar ata o teu encontro.
Que nunca me falte unha árbore onde subirme,
unha rama onde agarrarme,
un tronco onde apoiarme para que, cando pases,
aínda que pola miña covardía eu non che diga nada,
Ti, Señor, grítasme con agarimo:
"Hoxe quero hospedarme na túa casa".
Por iso Señor, quero acollerche na miña casa,
nesta pequena e gran casa que é toda a miña vida.
Quero acollerche con alegría...,
pois na calma da tarde, temos moitas cousas de que falar.
Que esta pequena igrexa que formamos me axude a atoparche
e a celebrar xuntos a fermosa festa da irmandade.

Isidro Lozano
Comentarios
Publicar un comentario