Domingo 34 Cristo Rei - ciclo C

PRIMEIRA 2 Sam 5, 1-3:
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL 
Unxiron a David coma rei para Israel

 5 1Tódalas tribos de Israel foron a Hebrón, xunto a David, para dicirlle: -"Aquí nos tes.
Nós somos do teu mesmo sangue. 2Xa de antes, cando Xaúl reinaba sobre nós, eras ti quen
conducía a Israel e o Señor tíñache dito: ti pastara-lo meu pobo Israel, ti sera-lo seu xefe".

3Os anciáns de Israel presentáronse, pois, onda o rei en Hebrón. O rei David fixo un pacto
alí con eles, diante do Señor, e eles unxiron a David por rei de Israel.



SALMO RESPONSORIAL Sal 121, 1-2.4-5
R/ (1): Imos alegres para a casa do Señor.

Alegreime, cando me dixeron:
imos para a casa do Señor.
2Xa están os nosos pés
ás túas portas, Xerusalén,

 4Alá soben as tribos, as tribos do Señor,
conforme o costume de Israel,
para festexa-lo nome do Señor.
5Alí están os tribunais da xustiza,
a sede da casa de David.


SEGUNDA Col 1, 12-20:
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE S.PAULO ÓS COLOSENSES 
Pasaounos ó reino do seu Fillo benquerido

 Irmáns e irmás:
Dámoslle gracias ó Pai que nos fixo merecentes de participar na herdade dos santos, na luz.

13Porque El arrincounos da pouta das tebras
para nos pasar ó Reino
de seu Fillo querido,
14en quen nós atopamos redención,
o perdón dos pecados.

15El é a imaxe do Deus invisible,
de toda criatura el é o primeiro nacido,X
16e por medio del fixéronse as cousas,
as da terra e tamén as do ceo,
as vistas cos ollos,
as por eles non vistas;
señoríos sexan ou ben maxestades,
sexan principados, tamén potestades;
el é modelo e fin
do universo creado.

17Antes ca todo está el,
todo nel se cimenta aínda hoxe.
18É tamén a cabeza do corpo
-o corpo é a Igrexa-.

El é o principio,
o primeiro en nacer de entre os mortos,
de xeito que en todo
sexa sempre o primeiro.

19Porque nel quixo Deus habitar
coa súa total plenitude:
20reconciliar así o universo
consigo, por el;
e no sangue da cruz
poñer paz entre os seres da terra
e do ceo, servíndose del.



ALELUIA Mc 11, 9. 10:
¡Bendito o que ven no nome do Señor!
¡Bendito o Reino do noso pai David que ven!



EVANXEO Lc 23, 35-43:
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS 
Señor, lémbrate de min cando esteas no teu reino

Os xefes moqueábanse de Xesús, dicindo:
-A outros salvounos. Pois que se salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido.

36Tamén os soldados se burlaban del, e achegándose ofrecíanlle vinagre, 37dicin-do:
-Se ti e-lo rei dos xudeus, sálvate a ti mesmo.

38E había un letreiro enriba del: "Este é o rei dos xudeus".

39Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:
-¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.

40Pero contestoulle o outro, reprendéndoo:
-¿Seica non temes a Deus, ti que sófre-la mesma condena ca el? 41Nós, polo menos,
recibímo-lo que merecemos, pero este non fixo mal ningún.

42E dicíalle:
-Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.

43Xesús respondeulle:

-Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso. 


TVG:


Comentarios

Publicacións populares