Pasaounos ó reino do seu Fillo benquerido - Col 1, 12-20

Domingo 34 Cristo Rei do Universo - ciclo C


CHAMADOS A ANUNCIAR

CHAMADOS A ANUNCIAR O TEU REINO,
QUEREMOS REINAR CONTIGO, SEÑOR.
Máis aló dos triunfos fáciles
conseguidos con golpes de sorte ou de fortuna,
ou co traballo e esforzo de cada mañá;
máis aló da beleza da túa mensaxe que nos cativa
con doces ou esixentes palabras...,
queremos anunciar e proclamar coa propia vida,
desde o altar da cruz,
o teu reino eterno e universal:
o reino da verdade e a vida...

CHAMADOS A ANUNCIAR O TEU REINO,
QUEREMOS REINAR CONTIGO, SEÑOR.
Abrazados, con humildade e esperanza,
á nosa cruz de cada día;
sabendo que seguirche será fonte de incomprensións,
sabendo que, como discípulos, non hai outro camiño que o do Señor,
unidos aos nosos irmáns de comunidade...,
queremos anunciar e proclamar con nosa propia vida,
desde o altar da cruz,
o teu reino eterno e universal:
o reino da verdade e de vida,
o reino da santidade e de graza...

CHAMADOS A ANUNCIAR O TEU REINO,
QUEREMOS REINAR CONTIGO, SEÑOR.
Co evanxeo por bandeira,
sen máis forza que a confianza no noso Deus,
sen máis armas que o amor que nos deixaches no teu mandamento...,
queremos anunciar e proclamar con nosa propia vida,
desde o altar da cruz,
o teu reino eterno e universal:
o reino da verdade e a vida,
o reino da santidade e a graza,
o reino da xustiza, o amor e a paz.
...PORQUE TI ES O NOSO ÚNICO DEUS E SEÑOR.


Isidro Lozano


Comentarios

Publicacións populares