Amence para vós o sol de xustiza - Mal 3, 19-20a

Domingo 33 do Tpo.Ordinario - ciclo C


ATA QUE TI VOLVAS, SEÑOR!

Moi preto do ocaso, bendígoche, "miña vida",
porque nunca me deches nin esperanza errada,
nin traballos inxustos, nin pena inmerecida;
porque vexo ao final do meu duro camiño
que son o arquitecto do meu propio destino,
que se extraín os meles ou o fel das cousas,
foi porque nelas puxen fel ou meles saborosos:
cando plantei roseiras cultivei sempre rosas.

Só ti, Señor, tes Palabras de vida eterna!
Dános o don da perseveranza, Señor,
para facer do noso mundo un acio de amizade.
Dános a audacia, Señor, de ser valentes
e que a terra coñeza a túa poder e a túa salvación,
porque vivimos comprometidos coa túa causa.

ATA QUE TI VOLVAS, SEÑOR!
Certo que aos meus abrís seguirá o cru inverno:
mais ti non me dixeches que maio fose eterno!
Seguirán sendo longas as noites das miñas penas,
mais ti non prometiches tan só noites boas,
e en cambio vivo moitas xornadas deliciosas:
cando plantei roseiras cultivei sempre rosas.

Só Ti, Señor, tes Palabras de vida eterna!
Dános, Señor, a esperanza que non defrauda
para que podamos sementar as sementes do teu Reino.
Dános, Señor, entusiasmo, para non caer no desánimo,
para levar con alegría a túa verdade e a túa presenza,
como unha gozosa esperanza de salvación.

Fai, Señor, que vivamos comprometidos coa túa causa,
ATA QUE TI VOLVAS, SEÑOR...



Isidro Lozano


Comentarios

Publicacións populares