O que non queira traballar, que tampouco coma - 2 Tes 3, 7-12
Domingo 33 do Tpo.Ordinario - ciclo C
NON VOS DEIXEDES ENGANAR
Que tempos estes que nos toca vivir,
na rúa e na igrexa,
tan convulsos e ambiguos
que, para afrontalos,
necesitan a túa palabra evanxélica!
Neles,
hai cousas que brillan e brillan tanto
que nos cegan antes de coñecelas;
e hainas tamén que nos seducen
ao primeiro golpe,
ou ao cabo dun intre,
ou ao caer da tarde,
ou en plena noite,
porque teñen tantas caras e brillos
como escuridades;
e tamén as hai que xogan a camuflarse
e enganan aos camiñantes
perdéndoos entre debates,
dogmas
e ermas verdades.
Aínda que máis duro e triste
é atoparse con persoas
de cultura e fe recoñecida e solvente,
que, humildemente e no teu nome,
proclámanse servidores
mais crense xefes e señores
sen descubrir as súas contradicións.
Se arrogan a túa representatividade,
fan sufrir aos seus semellantes
e traizoan a tantos e tantos crentes?
Pero Ti dixéchesnos para momentos así:
"Tede coidado, non vos deixedes enganar;
e aínda que despreguen gran aparato,
non os sigades: nin a orar nin a tomar canas.
Permanecede firmes na miña palabra
e teredes vida en abundancia".
Que tempos estes que nos toca vivir,
na rúa e na igrexa,
tan convulsos e ambiguos
que, para afrontalos,
necesitan a túa palabra evanxélica!
Neles,
hai cousas que brillan e brillan tanto
que nos cegan antes de coñecelas;
e hainas tamén que nos seducen
ao primeiro golpe,
ou ao cabo dun intre,
ou ao caer da tarde,
ou en plena noite,
porque teñen tantas caras e brillos
como escuridades;
e tamén as hai que xogan a camuflarse
e enganan aos camiñantes
perdéndoos entre debates,
dogmas
e ermas verdades.
Aínda que máis duro e triste
é atoparse con persoas
de cultura e fe recoñecida e solvente,
que, humildemente e no teu nome,
proclámanse servidores
mais crense xefes e señores
sen descubrir as súas contradicións.
Se arrogan a túa representatividade,
fan sufrir aos seus semellantes
e traizoan a tantos e tantos crentes?
Pero Ti dixéchesnos para momentos así:
"Tede coidado, non vos deixedes enganar;
e aínda que despreguen gran aparato,
non os sigades: nin a orar nin a tomar canas.
Permanecede firmes na miña palabra
e teredes vida en abundancia".
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario