Domingo 1 de Advento A
PRIMEIRA Is 2, 1-5:
O Señor congrega a tódalas nacións na paz eterna do seu
Reino
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
2 1Palabras que en visión profética recibiu Isaías, fillo de
Amós, acerca de Xudá e
Xerusalén:
2Vede: á fin dos días será creado o monte da Casa do Señor.
Vede: será levantado
por enriba dos montes e máis cós petoutos,
axuntaranse nel tódalas xentes.
3Irán a el pobos numerosos que dirán:
"Vinde, subamos ó monte do Señor, á casa do Deus de
Xacob,
para que nos mostre
os seus camiños, e camiñemos polos seus vieiros.
Vede: de Sión sairá a
Lei, a Palabra do Señor sairá de Xerusalén".
4Xulgará os pleitos
entre as xentes, decidirá o que é xusto entre os pobos.
Non levantará un pobo contra outro a espada,
nin deprenderán de novo a face-la guerra.
5¡Casa de Xacob, ven; vaiamos
e camiñemos á luz do Señor!
SAL. RESP. Sal 121, 1-2. 4-5. 6-7. 8-9
R/ (cf. 1): Imos alegres para a casa do Señor
Alegreime, cando me dixeron:
imos para a casa do Señor.
2Xa están os nosos pés
ás túas portas, Xerusalén,
4Alá soben as tribos,
as tribos do Señor,
conforme o costume de Israel,
para festexa-lo nome do Señor.
5Alí están os tribunais da xustiza,
a sede da casa de David.
6Saudade así a Xerusalén:
--"Teñan prosperidade os que te queren,
7que haxa paz nos teus muros
e contento nos teus pazos".
8Por mor de meus irmáns e compañeiros
direi eu:--"A paz contigo".
9Por mor da casa do Señor, o noso Deus,
deséxoche todo ben.
SEGUNDA Rom 13, 11-14a:
A nosa salvación está xa máis cerca
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE S.PAULO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
Sabendo o intre no que vivimos, xa é hora de que espertedes
do sono, pois agora a
salvación xa está mais cerca de nós que cando empezamos a
crer. 12A noite vai andada,
e o día está a chegar: rexeitémo-las obras das tebras e
vistámo-las armas da luz. 13Como
en pleno día camiñemos decentemente, nada de lupandas nin
borracheiras, nada de
obscenidades nin libertinaxe, nada de liortas nin envexas.
14En lugar diso vestídevos do
Señor Xesús Cristo, e non lles fagades caso ós baixos
apetitos.
ALELUIA Sal 84, 8:
Móstranos, Señor, a túa misericordia,
e dáno-la túa salvación
EVANXEO Mt 24, 37-44:
Vixiade para estardes preparados
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus discípulos:
37Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do
Home. 38Antes do diluvio
comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca;
39e de nada se decataron ata
que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará
cando veña o Fillo do Home.
40Entón estarán dous homes no agro; levarán a un e deixarán
ó outro. 41Estarán dúas
mulleres moendo no muíño, levarán unha e deixarán a outra.
42Vixiade, porque non sabedes nada do día no que virá o voso
Señor. 43Entendédeo
ben: se soubese o dono da casa a que hora vai chega-lo
ladrón, estará á espreita e non
permitiría que lle asaltasen a casa. 44Así tamén: estade vós
preparados, porque na hora
menos pensada preséntase o Fillo do Home.
ENTRADA: Preparade o camiño ao Señor
LECTURAS: Moito me alegrei
OFERTORIO: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
COMUÑÓN: Non vou so
LECTURAS: Moito me alegrei
OFERTORIO: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
COMUÑÓN: Non vou so
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario