Ti es o meu amparo - Salmo 31
Domingo 6 tpo. ordinario - ciclo B
SEÑOR, POLO TEU AMOR
Ao que padece tormentos,
unha miguiña de alento.
Ao pobre desamparado,
casa cuberta e traballo,
Ao que sofre enfermidade,
un pouco de sanidade.
Ao triste e aflixido,
unha rafiña de alivio.
Ao que se doe do corpo,
dun bo médico o conforte
Aos nenos en orfandade,
mans cheíñas de bondade.
Aos vellos en soidade,
o agarimo da irmandade.
Ao labrego escravizado,
un amor organizado.
Ao obreiro despedido,
dereitos recoñecidos.
Ao mariñeiro que loita,
panciño e fogar á volta.
Comentarios
Publicar un comentario