CELEBRACIÓN MÉRCORES DE CINZA PARA XOVES

CELEBRACIÓN DE IMPOSICIÓN DA CINZA PARA XOVES
(CELEBRACIÓN DA PALABRA)

1. AMBIENTACIÓN

Hoxe é mércores de cinza, hoxe comenzamo-la Coresma. É un momento privilexiado para pararse e pensar: quen son eu? de onde veño?  onde vou?
É un momento privilexiado para sacarlle proveito á vida, para abrirse ó esencial. No deixes pasa-la oportunidade.

2. PREGÓN DE CORESMA: “Agora é o Tempo”.

Ti, quenqueira que sexas,
déixame que te interrogue, que me meta contigo,
coa túa tranquilidade, coa túa rutina.
Ti, que fixeches da túa sinceridade? Que fixeches da túa verdade?
Ti, quenqueira que sexas,
hoxe escoita a miña pregunta neste encontro
e eu dígoche:
Que fixeches da túa vida?
Que estás facendo coa túa vida?

 Non te escondas, non te excuses,
non mires ó chan,
-xa sei que estás acostumado a mirar moito ó chan-
non lle botes a culpa aos outros, non.

Toma as túas responsabilidades na man e decide.
Ti, quenqueira que sexas,
escoita hoxe esta voz que te chega pola miña boca:
Agora é o tempo de recomezar.
Agora é o tempo oportuno.
Agora é o día para o novo.
Agora é o momento de cambiar.
Ti, quenqueira que sexas,
onde queres ir so coa túa maleta baleira?
Ti, quenqueira que sexas,
por que te empeñas en camiñar de espaldas a Deus?
Ti, quenqueira que sexas,
Non é hora xa de toma-las cousas máis en serio?
Escoita hoxe esta voz que chlega pola miña boca:
Agora é o tempo de recomezar.
Agora é o tempo oportuno.
Agora é o día para o novo.
Agora é o momento de cambiar.
Ti, quenqueira que sexas, se queres, se me escoitas,
se todavía tes un fío de forza,
se aínda hai algo bo dentro de ti...  Vén !!
Iremos xuntos camiñando cara a VIDA.
Nada está perdido.
Hoxe todavía se che concede un tempo de gracia
para volver ó Señor.
 Vén !! Vén !!

3. PALABRA DE DEUS

Escoitemos agora a Palabra de Deus que nos vai  mostrar o auténtico sentido dos elementos máis importantes da Coresma: o xaxún, a oración e a limosna. Fagámonos a pregunta: Que me está dicindo hoxe Deus? Deus dirixe a súa Palabra a cada un.

“Non fagades o ben para que vos vexan os homes, porque entón o voso Pai celestial non vos recompensará. Por iso, cando deas esmola, non vaias pregoándoo, como fan os hipócritas nas sinagogas e nas rúas, para que os alaben os homes. Asegúrovos que xa recibiron a súa compensación. Ti, cando deas esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a túa dereita. Así a túa esmola quedará en secreto; e o teu Pai, que ve no secreto, compensaráte.
Cuando oredes, no sexades coma os hipócritas, a quen lles gusta orar de pé nas sinagogas e nas esquinas das prazas para que os vexa a xente. Asegúrovos que xa recibiron a súa compensación. Ti, cando ores, entra no teu cuarto, pecha a porta e ora ó tue Pai, que está no secreto; e, o teu Pai, que ve no secreto, premiaráte.
Cando xaxuedes non poñades cara de sufrimento coma os hipócritas, que desfiguran o seu rostro para que a gente vexa que xaxunan. Asegúrovos que xa recibiron a súa compensación. Ti, cando xaxúes, perfúmate a cabeza e lávate a cara de modo que ninguén note o teu xaxún, excepto o tu Pai, que está no escondido. E o teu Pai, que ve hasta o máis escondido, premiaráte”.

4. BENDICIÓN DA CINZA

Con actitude humilde oremos, irmáns, a Deus noso Pai, para que se digne bendicir coa súa gracia estas cinzas que imos a impoñer nas nosas cabezas en señal de penitencia.

Oh Deus, que te deixas vencer polo que se humilla e atopas agrado no que se arrepinte dos seus pecados, escoita benignamente as nosas súplicas e derrama a gracia  da túa bendición sobre estes servos teus que van a recibir a cinza, para que, fieis ás prácticas coaresmais, poidan chegar, co corazón limpo, á celebración do misterio pascual do teu Fillo.
El, que vive e reina por sempre, eternamente. AMÉN.

5. SILENCIO-REFLEXIÓN SOBRE O XESTO
Lese persoalmente a Oración: Cinza.
“Abriránse os vosos ollos,
coñeceredes o ben e o mal,
seredes coma duses”
Temos ganas de probalo todo,
inda a costa de pisa-la palabra dada
e percorrer camiños prohibidos.
Unha sede inmensa apodérase de nós
e devóranos.
Hai algo que nos chama
e nos solicita que saiamos de casa
hacia tierras lonxanas.


Gústanos, Señor, 
facer a nosa vontade,
hasta que descubrimos que as nosas mans
se baleiran pouco a pouco.
e se énchen da lama do camiño.
Non somos infinitos,
Inda que temos sede de infinito.

A terra o pó
lémbranos o que somos, o que seremos.


Mércores de cinza:
hora de volver a casa,
desde o paísdonde xa non hai alimento,
que poida saciar a nosa fame.


Mércoles de cinza:
hora de pensar o curto que é o noso tempo
e o longo que é o camiño.


Mércoles de cinza:
hora de inclina-la cabeza ata o chan
para ler a mensaxe escrita na terra.


Mércoles de cinza,
hora de preguntarse:
Xa es un deus?
Xa coñeces todo?
Xa abriches os ollos
e só miraches iso...?
Un pouco de cinza no rostro
pódeche poñer en camiño de verdade:
non hai camiño fóra de Deus.

 6. IMPOSICIÓN DA CINZA
Pode haber música de fondo.

+ Convírtete e cre no Evanxeo

7. ORACIÓN E DESPEDIDA

Deus, Pai bo e misericordioso, atopámonos ante TI en actitude de cambio, de conversión. Decatámonos da nosa autosuficiencia, da nosa falta de humildade, de que non somos perfectos. Acepta a nosa actitude arrepentida e acóllenos; dános forza para ser auténticas persoas: profundas, comprometidas, con auténtica fe. Pedímoscho po Xesucristo, o noso Señor. Amén.


O Señor estea convosco...
A bendición de Deus Pai…

Podedes ir en paz.




Comentarios

Publicacións populares