Catequese Comuñón V
CATEQUESE DA MISA (V)
A PREGARIA EUCARÍSTICA
É a parte central da Misa. A máis importante. É a pregaria fundamental da Igrexa, na que puxo toda a súa sabedoría e piedade. É a oración por excelencia, oración de acción de grazas a imitación de Xesús, que deu grazas ao Pai antes de repartir os dons eucarísticos do pan e do viño. En grego é denominada "anáfora" (levar no alto, elevar)
Ten as seguintes partes: prefacio, epíclesis, consagración, memorial, invocación, doxología.
1 PREFACIO
É o comezo, a apertura, que se inicia cun diálogo.
- Os prefacios son uns textos litúrxicos, como unha especie de pequenas e breves homilías, que nos lembran o misterio que celebramos e o aspecto polo que damos grazas a deus.
- Os prefacios terminan uníndonos ao canto dos anxos, á súa liturxia, provocando o canto do "Santo". É un dos cantos principais da Misa que se debería cantar sempre.
2 EPÍCLESIS.
Significa "invocación ao Espírito Santo", para que o pan sexa Corpo e o viño Sangre de Cristo. Pídese a santificación (transformación) dos dons.
- É un momento importante, que debemos valorar máis. Coincide cun cambio de postura e pode pasar desapercibido.
3 CONSAGRACIÓN.
Relato da institución. As palabras e os xestos do Señor.
- Na consagración están concentrados todos os elementos e partes da misa: tomou pan (presentación de dons) dando grazas (prefacio), partiuno (fracción do pan) e deuno (comuñón) dicindo (consagración).
- Mostración solemne das especies consagradas, seguida da aclamación da asemblea.
4 MEMORIAL.
Seguidamente ten lugar o verdadeiro e único ofertorio da Misa. Ao Pai soamente podémoslle ofrecer o Corpo e o Sangue do seu Fillo, facendo conmemoración do seu sacrificio da pascua: a súa morte e resurrección.
5 SUPLICA E INTERCESIÓNS.
- Pídese ao Pai que dea a plenitude do Espírito Santo aos seus fieis reunidos. Se ora pola Igrexa peregrinante, polos defuntos polos presentes, polo mundo enteiro, para ter parte da gloria do Ceo coa Virxe e os santos.
6 DOXOLOGÍA.
É como o "gloria ao Pai", que é o que vén a significar esta palabra, ó final da Pregaria Eucarística (a parte onde se di "Por Cristo, con El e en El..."). Péchase co "amén" máis solemne e importante.Ten lugar mentres se fai a única elevación da Misa, levantando conxuntamente o pan e o viño consagrados.
Comentarios
Publicar un comentario