Catequese Comuñón VII

CATEQUESE DA MISA (VII)


Os RITOS DE COMUÑÓN (II)

A FRACCIÓN DO PAN

Este xesto importante pode pasar desapercibido. É xesto característico da Eucaristía. Foi o xesto de Xesús na cea do Xoves Santo. Trátase de partir as hostias grandes e de depositar unha partícula pequena no cáliz. Ao multiplicarse a comuñón dos fieis, por sentido práctico, colócanse xa na patena desde o principio hostias pequenas, é dicir, partículas pequenas.

Decatémonos de que o sacerdote deposita no cáliz un anaco pequeno do pan consagrado, o cal significa a unidade do sacrificio da eucarístía.

Unha tripla invocación "Año de Deus" acompaña este rito. O año formaba parte da cea pascual, era a vítima ritual principal dos sacrificios do Templo. Nós comemos o definitivo año que nos dá Deus, o seu Fillo Xesús.






ADAPTADO DE : http://www.mercaba.org/FICHAS/SACRAMENTOS/EUCARISTIA/misa.htm

Comentarios

Publicacións populares