Sándame, Señor, que teño pecado contra Ti
Domingo 7 ordinario - ciclo B
Noso Pai que estás en todas partes,
queremos que todos te coñezan e te queiran.
Queremos vivir nese Reino que prometes
e que día a día preparamos,
Reino de iguais, de libres e de irmáns.
Queremos repartirnos, entre todos,
o pan as flores e o traballo.
Esperamos de ti o perdón, tan necesario,
para vivir serenos a nosa vida.
Tamén nós queremos perdoarnos,
levantado este mundo derrubado
polo odio egoísta e a louca soberbia,
a cega violencia de tanto desalmado.
Son tentacións que a todos nos axexan cada día…
Coa túa graza queremos rexeitalas
para poder chamarte noso Pai,
sendo con todos, de verdade, irmáns.
Comentarios
Publicar un comentario