Cando por fin..

Acabo de recibir unha comunicación dunha galega da emigración que quere celebrar a súa voda en galego e en inglés e pedíume lecturas en galego, recoñezo que eu esquecera o tema desde que as puxen na páxina web e do moito que traballéi cando busquéi o mesmo hai uns tres anos para a miña irmá. Así que, xa que estamos en datas de vodas, deixaréi na web algúns destes textos por se alguén os necesita.
Parabéns os que celebren a súa voda nestas datas, espero servir de axuda.


CUANDO POR FIN SE ATOPAN DÚAS DOS ALMAS.
Victor Hugo

Cando por fin atópanse dúas almas,
que durante tanto tempo buscáronse unha a outra entre a xente.
Cando advirten que son parellas,
que se comprenden e corresponden,
nunha palabra, que son semellantes,
xorde entón para sempre unha unión vehemente e pura como elas mesmas,
unha unión que comeza na terra e perdura no ceo.
Esa unión é amor,
amor auténtico, como en verdade moi poucos homes poden concibir,
amor que é unha relixión,
que deifica ao ser amado cuxa vida emana
do fervor e da paixón e para o que os sacrificios
máis grandes son os gozos máis doces.

Comentarios

Publicacións populares