HOXE, VOTAMOS

Gústanme os días de eleccións porque nos lembran as nosas libertades. Non me gustan certas actitudes de imposición ou de enfrontamento entre os que pensan diferente, a diferencia é riqueza, e a democracia lémbranos que temos que saber entendernos, porque cada un ve a realidade dende diferentes puntos de vista e ninguén está en posesión da verdade absoluta.




O peor da nosa democracia vén da man das maiorías absolutas, -dáme igual a cor política-, e, con respecto ó que deben facer os cristiáns, coma sempre, botemos man das escrituras...


10 Irmáns, no nome do noso Señor Xesucristo, eu exhórtoos a que se poñan de acordo: que non haxa divisións entre vostedes e vivan en perfecta harmonía, tendo a mesma maneira de pensar e de sentir.
11b...contáronme que hai discordias entre vostedes.12.Refírome a que cada un afirma: «Eu son de Pablo, eu de Apolo, eu de Cefas, eu de Cristo».

...29 Así, ninguén poderá gloriarse diante de Deus.30.Por el, vostedes están unidos a Cristo Xesús, que por disposición de Deus, converteuse para nós en sabedoría e xustiza, en santificación e redención,31.a fin de que, como está escrito: O que se gloría, que se gloríe no Señor.

(1 Cor. 3)


Lembrade que os que pensan diferente a nós tamén son irmáns...

Comentarios

Publicacións populares