CATEQUESE PASCUA 1

Quero compartir convosco unha obriña para representar cos nenos de catequese que acaban de enviarme, por se alguén quere aproveitala. Titúlase...




O BO PASTOR – IV DOMINGO DE PASCUA    A

         (Música suave, no presbiterio Xesús e os discípulos conversan, de pé ou sentados no chan.  Ao comezar a falar, cesa a música)

DISCÍPULO 1      Mestre, paréceche bo o rei Herodes?

DISCÍPULO 2      Que parvadas se che ocorren! O rei Herodes mandou matar a Xoán Bautista, como vai ser bo?

DISCÍPULO 1      (Insistente) E o Sumo Sacerdote, paréceche bo o Sumo Sacerdote?

DISCÍPULO 3:      (Enfadado) Estás tolo ou que?  Todos sabemos que o Sumo Sacerdote se fixo rico grazas ao Templo.

DISCÍPULO 1      (Pensativo) Entón... como ten que ser un xefe para consideralo bo?

XESÚS                Ten que ser coma un bo pastor.

DISCÍPULOS      (Sorprendidos) Un pastor?

XESÚS                 Iso dixen, un pastor (sinala o corredor central por onde se aproxima un grupo de fariseos) Pero quizais eses amigos fariseos tamén queiran escoitar a explicación.

DISCÍPULO 4      Non te fíes deles Mestre. Eses si que son malos. (Os fariseos chegan ata Xesús e únense ao grupo. Sempre de cara ao público).

FARISEO 1          Oímos algo dun pastor

FARISEO 2                   Si, si, dun pastor.

FARISEO 3          (Dirixíndose a Xesús)  Podemos saber de que pastor se trata.

XESÚS               Falaba dos bos pastores.

FARISEO 4          Que fai un bo pastor?

XESÚS:                Un bo pastor entra pola porta a coidar as súas ovellas. (Os discípulos seguen a narración de Xesús participando e asistindo con alegría).

DISCÍPULO 1      Claro, pola ventá entran os ladróns.

XESÚS                 As ovellas, coñecen a voz do bo pastor, e El chámaas polo seu nome.

DISCÍPULO 2      Nin lles interesa, tan só queren roubalas.

XESÚS                 Despois o bo pastor, saca a pastar as ovellas ... E vai diante delas.

DISCÍPULO 3      E as ovellas ségueno porque coñecen a súa voz.

FARISEO 1                   (Molesto) E a que vén todo ese conto de ovellas e pastores?

DISCÍPULO 4      Xesús estábanos explicando como ten que ser un bo xefe.

FARISEO 2                   (Desprezativo) Que terá que ver un xefe cun pastor?

DISCÍPULO 1      (Anoxado) Un xefe non. Un bo xefe!

FARISEO 3                   E que máis dá? O importante é … ser xefe.

XESÚS                 (Ignorándoo). Un bo xefe ten que ser pastor e porta das súas ovellas.

FARISEO 4          (Exasperado) Pastor, porta? … Non entendo nada.

XESÚS               Asegúrovos que eu son a porta das ovellas.

FARISEO 1                   (Irónico) E todos os que viñeron antes ca ti?

XESÚS               (Categórico) Son ladróns e bandidos.

FARISEOS          (Escépticos) Si?  Todos?  Seguro?

XESÚS               Pero as ovellas non os escoitaron.

FARISEO 2                   (Burlón) Entón… ti es a porta?

XESÚS               E quen entre por min, hase salvar.

DISCÍPULO 2      E poderá entrar e saír?

XESÚS                Claro!

DISCÍPULO 3      E atopará pastos?

XESÚS                Dende logo. Para que entra un ladrón no curro?

DISCÍPULOS      (Míranse, pensando) Para roubar e para matar.

XESÚS:                (Lento e solemne diríxese a todos)  Eu vin para que teñan vida e a teñan en abundancia.

FIN

Comentarios

Publicacións populares