800 anos da consagración da Catedral de Santiago de Compostela
Non podía deixar pasar esta data, como galega, como profesora de arte e como crente, sen facer unha pequena homenaxe á nosa catedral. Lembranza viva da nosa fe e da nosa cultura, de cando o galego era unha lingua internacional, da que esquecimos a súa importancia, de cando falar galego era motivo de honra e cultura. Oxalá lembremos tamén o noso orgullo como pobo nesas pedras que tan alto falan sobre nós. Desde a praza do Obradoiro (non do taller) brindémoslle esa aperta que sempre nos dá o Apóstolo cando chegamos a Santiago.
Comezamos cunha lembranza histórica:
Comezamos cunha lembranza histórica:
A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A historia da cidade do apóstolo Santiago está moi ligada á da súa propia catedral, sepulcro do santo Apóstolo. Conta a tradición que esta tumba foi descuberta polo bispo Teodomiro no século IX, momento no que Afonso II o Casto ordenou a construción dun templo no devandito lugar que sería ampliado e reformado en épocas posteriores.
Conquistada a cidade para as armas cristiás decidiuse a construción de tan insigne catedral coincidindo cun momento de auxe, esplendor e desenvolvemento da cidade. Nestes momentos era bispo da diócese, Diego de Peláez, o cal ordenou o inicio das obras no último cuarto do século XI. As obras continuaron durante todo o século XII até a súa consagración no ano 1211. Atraeu durante séculos a numerosos peregrinos que viñan visitar ao santo Apóstolo. Só por mor da inestabilidade de séculos posteriores os seus restos fueron extraídos coa finalidade de ser situados nun lugar máis seguro. Con iso reduciuse a chegada de peregrinos ata que se reintegraron os seus restos no ano 1879.
...
A CATEDRAL ROMÁNICA
A constante chegada de peregrinos a Compostela fixo necesario expor unha ampliación do templo catedralicio. No ano 1075, o bispo Diego Peláez co beneplácito do rei Alfonso VIN, iniciou a construción da catedral románica.
O esquema básico do interior responde as necesidades propias dun templo de peregrinación. Ten simbólica planta de cruz latina, xirola ao redor da capela maior e fáciles accesos para os fieis. As obras interrompéronse polo espazo de varios anos.
O novo bispo Diego Xelmírez renovou as mesmas no ano 1100, concluíndose a xirola, o monumental cruceiro, catro capelas, fachada norte e sur, etc. A boa marcha dos traballos permitiron ao bispo consagrar algúns altares no ano 1105.
No ano 1112 derrubouse a antiga igrexa prerrománica e no 1117 a catedral sofre as consecuencias derivadas dun motín popular, foi incendiada sufrindo cuantiosos danos materiais. O certo é que o empuxón definitivo deuno o Mestre Mateo, que recibe do monarca Fernando II, numerosos privilexios para que conclúa definitivamente a catedral. E así foi, posto que no ano 1211 a catedral foi consagrada coa asistencia do monarca Alfonso IX.
Maqueta
Texto tomado de: http://www.uv.es/charco/documentos/santiago.htm
NOTA:
Non son moi boa escribindo, pero Deus escoita desde o corazón, espero que lle guste...
Benditas sexan as pedras
que os ancestros pisaron,
son do ar e campás
de obradoiros traballados.
Fume de incienso ardiente
á luz do lume do Achado.
Santiago, faro do tempo,
milladoiro dos penados,
pegadas de peregrinos,
mans de obreiros olvidados.
Cunchas que recollen auga
das penas que nos guiaron.
Catedral da alma galega,
berce dun pobo olvidado,
aperta ben nosa lingua
á calor do teu amparo.
Asubíos de ledicia,
cantigas dos que chegaron.
Alenta con agarimo
as almas dos que pregaron.
Camiño que a Deus nos leva,
camiño dos que te amaron.
Comentarios
Publicar un comentario