Domingo 22 Ordinario B


PRIMEIRA Dt 4, 1-2. 6-8
Non engadades nada á palabra que vos falo... cumplide os mandamentos do Señor
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

Faloulle Moisés ó pobo dicindo:
4 1E agora, Israel, escoita as leis e decretos que eu vos ensino a cumprir para que vivades, entredes e tomedes posesión da terra que o Señor, Deus dos vosos pais, vos entrega. 2Non engadades nada ás palabras dos mandamentos que eu vos ordeno, nin lles quitedes nada, cumprindo as ordes do Señor, o voso Deus, que eu vos impoño.

6Observádeos e poñédeos en práctica, pois isto será a vosa pericia e a vosa sabedoría ós ollos dos pobos. Estes, ó escoitaren todos estes mandamentos, dirán: esta gran nación é o pobo máis experto e máis sabio, 7pois, ¿que gran nación ten os seus deuses tan cerca de si como está o Señor, noso Deus, sempre que o invocamos? 8E ¿que gran nación ten mandamentos e preceptos tan xustos coma esta lei que hoxe eu vos propoño?

 

SALMO RESPONSORIAL Sal 14, 2-3a. 3cd-4ab. 5
R/ (1a): ¿Quen, Señor, se hospedará na túa tenda?

2Aquel que anda rectamente e practica a xustiza:
que ten sinceridade no corazón
3e non calumnia coa súa lingua;

o que non lle fai mal ó veciño
e non difama ó seu próximo;
4o que estima desprezable ó malvado
e apreza ós que temen ó Señor;

5o que non presta con usura o seu diñeiro
e non se deixa subornar contra o inocente.
Quen así se comporte,
endexamais non perecerá.


SEGUNDA Sant 1, 17-18. 21b-22. 27
Cumpride a palabra
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SANTIAGO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:
17Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos luceiros, en quen nin hai
cambios nin tempos de sombras. 18Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da
verdade, para que fosemos como as primicias das súas criaturas.

21Acollede docilmente a Palabra enxertada en vós, que pode salva-las vosas vidas. 22Sede
cumpridores da Palabra e non vos contentedes con escoitala xustificándovos con razóns
enganosas.

27A relixión limpa e sen lixo ningún ós ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas
viúvas nas súas coitas e gardarse da contaminación deste mundo.



ALELUIA Sant 1, 18:
Libremente enxendrounos o Pai por medio da palabra da verdade
para sermos primicias da súa creación



EVANXEO Mc 7, 1-8. 14-15. 21-23
Rexeitáde-los mandados de Deus e agarrádesvos ás tradicións dos homes.
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

 7 1Reuníronse con Xesús un grupo de fariseos con algúns letrados chegados de Xerusalén, 2e viron ós discípulos comer con mans impuras, é dicir, sen antes lavaren as mans. 3(É sabido que os fariseos e os xudeus todos non comen sen lavaren ben as mans, seguindo así as vellas tradicións; 4e cando chegan da rúa, tampouco comen sen se bañaren antes; tamén están moi apegados a outras tradicións, coma o lavar vasos, xerras e bandexas). 5Por iso os fariseos e mailos escribas preguntáronlle:
-¿Por que os teus discípulos non se portan conforme a tradición dos devanceiros, senón que
comen con mans impuras?

6El contestoulles:
-¡Que ben profetizou Isaías de vós, hipócritas, como está escrito:
Este pobo hónrame cos labios,
pero o seu corazón está lonxe de min.
7Danme un culto inútil,
porque a doutrina que ensinan
non son máis que costumes humanos.
8Rexeitáde-los mandados de Deus e agarrádesvos ás tradicións dos homes.

14E convocando á xente, dicíalles:
-Escoitádeme todos e procurade entender. 15Nada do que hai fóra do home pode manchalo ó entrar nel; pero o que sae do home, iso si que o mancha. 21Porque de dentro, do corazón do home, xorden os malos pensamentos, as fornicacións, os roubos, os asasinatos, 22os adulterios, as cobizas, as maldades, os fraudes, os desenfreos, as envexas, as blasfemias, a soberbia, os desatinos. 23Todos eses males saen de dentro e manchan o home.


Comentarios

Publicacións populares