Domingo 3 de Ordinario A
PRIMEIRA Is 8, 23b - 9, 3
O pobo viu unha grande luz na Galilea dos xentís
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
Así como nun primeiro momento humillou o país de Zebulón e o país de Naftalí, así no
derradeiro glorificará o camiño do mar, a rexión do Xordán, a bisbarra dos xentís.
9 1O pobo que camiñaba na escuridade, viu unha grande luz.
Unha luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte.
2Multiplicáche-lo xúbilo, fixeches grande a ledicia.
Alegráronse coa túa presencia, como coa alegría da seitura,
o mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín.
3Velaí o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro
-o bastón de quen o oprime-: rompíchelos coma o día de Madián.
SALMO RESP. Sal 26, I . 4. I3-I4
R/ (1a): O Señor é a miña luz e salvación,
O Señor é a miña luz e salvación,
¿a quen hei de temer?
O Señor é o meu castelo,
¿ante quen hei de tremer?
4Unha cousa pídolle ó Señor,
unha cousa procuro:
habitar na casa do Señor,
tódolos días da vida,
para gozar da dozura do Señor,
visitando o seu templo.
13Eu espero gozar dos bens do Señor
na terra da vida.
14Espera no Señor;
ten corazón forte e valente
e espera no Señor.
SEGUNDA 1 Cor 1, 10-13. 17
Que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
10Irmáns, polo nome do noso Señor Xesús Cristo: rógovos que vos poñades todos de
acordo e que non haxa divisións entre vós; ó contrario, axeitádevos todos nun mesmo
espírito e nun mesmo pensamento.
11Pois, irmáns, polos de Cloe cheguei a saber que hai discordias entre vós. 12Refírome a
que cada un de vós anda a dicir: "eu son de Paulo, eu de Apolo, eu de Cefas, eu de Cristo".
13¿Pero é que Cristo está dividido? ¿É que foi Paulo a quen crucificaron por vós? ¿Ou é
Paulo o nome no que vos bautizaron?
17Porque non me mandou Cristo a bautizar, senón a predica-lo Evanxeo; e isto sen
habilidades retóricas, para que non quede desvirtuada a eficacia da cruz de Cristo.
ALELUIA Cf. Mt 4, 23:
Xesús predicaba Evanxeo do Reino
e curaba tódalas enfermidades do pobo
EVANXEO Mt 4, I2-23 (longo)
Veuse a Cafarnaúm para que se cumplira o que dixera Isaías
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
12Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. 13Deixando Nazaret,
foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí, 14para que
se cumprise o dito polo profeta Isaías:
15Terra de Zebulón, terra de Naftalí,
camiño do mar na outra ribeira do Xordán.
Galilea dos pagáns.
16O pobo que xacía na escuridade
viu unha gran luz:
Para os que habitaban no escuro país da morte
brillou unha alborada.
17E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo:
-Arrepentídevos, que o Reino dos Ceos xa está aí.
18Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado
Pedro, e Andrés; os dous, que eran pescadores, estaban largando o aparello no mar.
19Díxolles:
-Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.
20Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono. 21Máis adiante atopou outros dous
irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca
arranxando o aparello. Tamén os chamou, e 22eles coa mesma deixaron a barca e mais a
seu pai e seguírono.
23Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do
Reino, curando canta doenza padecía o pobo.
Ou máis breve: 12-17
12Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. 13Deixando Nazaret,
foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí, 14para que
se cumprise o dito polo profeta Isaías:
15Terra de Zebulón, terra de Naftalí,
camiño do mar na outra ribeira do Xordán.
Galilea dos pagáns.
16O pobo que xacía na escuridade
viu unha gran luz:
Para os que habitaban no escuro país da morte
brillou unha alborada.
17E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo:
-Arrepentídevos, que o Reino dos Ceos xa está aí.
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Vinde axiñaLECTURAS: Ti es camiño e verdade
OFERTORIO: Todos xuntos
COMUÑÓN: Eu soñei
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario