Se nos mantemos firmes, reinaremos con Cristo - 2 Tim 2, 8-13

Domingo 28 do Tpo. Ordinario - ciclo C

foto:www.nachogoytre.com

OFRÉZOCHE, PAI

Ofrézoche, Pai,
o meu corazón agradecido nesta mañá de domingo.
Grazas polo moito que me dás:
polos detalles de agarimo, aínda que parezan insignificantes,
polos dons que, de tantas persoas, recibo sen sabelo,
polos sorrisos que pola rúa me regalan,
polos rostros que non me son indiferentes...
Que non me esqueza, Señor,
de cultivar a gratitude cando descubro que todo é don,
de dicir "grazas" polas pequenas e as grandes cousas,
de agradecer o agasallo da fe que é un don e unha tarefa?

Ofrézoche, Pai,
o meu corazón agradecido nesta mañá de domingo.
Grazas, Señor, de corazón
polos que me abriron á vida nunha longa e sacrificada sementeira;
polos que me falaron de ti,
e me ensinaron coa súa vida como era o teu corazón de Pai;
polos que me mostraron vitalmente a difícil arte do perdón;
polo traballo de cada día
e polos compañeiros con quen comparto unha ilusión de futuro.

Ofrézoche, Pai,
o meu corazón agradecido nesta mañá de domingo.
Grazas por ti, o meu Deus,
a quen adiviño cada día en min mesmo
e no rostro das persoas e das cousas?
Fai da miña existencia un canto de acción de grazas:
pola miña vida, tal como é,
e polas vidas dos meus irmáns, tal como ti queres que sexan.

Acepta, Pai, un día máis, o meu corazón agradecido.



Isidro Lozano


Comentarios

Publicacións populares