Non te avergoñes do testemuño do noso Señor - 2 Tim 1, 6-8. 13-14
Domingo 27 do Tpo. Ordinario - ciclo C
AUMENTA A MIÑA FE
Aquí me tes, Señor, como un simple servidor teu,
como un simple servidor dos meus irmáns.
Non vallo moito, son como son, limitado e pobre,
cheo de incoherencias e falto de vontade...,
pero aquí me tes.
AUMENTA A MIÑA FE, SEÑOR!,
para que, na miña oración, te descubra en todo o que me rodea;
para que, na miña vida, descubra que habitas en min;
para que a miña fe anime a outros a fiarse de Ti,
a camiñar cara a Ti, a pensar en Ti, o meu Deus próximo e amigo.
AUMENTA A MIÑA FE, SEÑOR!
Dáme capacidade para esperar
e soñar que a vida pode ser doutra maneira.
Dáme o don de intuír que os homes son mellores do que penso.
Dáme a fortaleza para loitar polo que creo que merece a pena.
Dáme a alegría de saber que contigo ao meu lado podo ser feliz.
Aquí me tes, Señor, como un simple servidor teu,
como un simple servidor dos meus irmáns.
Aquí me tes, Pai,
desexoso de poder colaborar contigo,
desexoso de sentirme irmán dos meus irmáns,
con ganas de facer o que sei e podo.
AUMENTA A MIÑA FE, SEÑOR!
Dáme unha "fe como un gran de mostaza",
unha fe capaz de sementar aínda que non intúa os froitos;
unha fe soñadora, pero cos pés na terra;
unha fe que mire ao ceo, pero cos ollos ben abertos:
cos pés no camiño, pero coa alma cravada en ti.
Dáme "fe como un gran de mostaza".
Axúdame a recoñecer que son un simple servidor teu,
un simple servidor dos meus irmáns
que tenta facer o que ten que facer.
AUMENTA A NOSA FE, SEÑOR!
Isidro Lozano
Comentarios
Publicar un comentario